Nov 27

O PP impide incorporar a emenda técnica proposta polos servizos xurídicos do Parlamento para que a modificación se realice a través da Lei de Contratos. O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, sinalou hoxe que o PP “vulnera a Constitución” ao impoñer a modificación parcial do contrato coa concesionaria da autovía da Costa da Morte a través da Lei de Acompañamento aos orzamentos. O PP impediu incluír mesmo a emenda técnica proposta polos servizos xurídicos do Parlamento para adecuar a modificación á normativa.

Nov 06

Patricia Vilán denuncia que o PP pida en Andalucía a retirada do canon da auga que recada 3 millóns de euros mentres o mantén en Galicia para recadar 40,8 millóns xunto co coeficiente de vertedura. A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, presentou na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento celebrada hoxe unha proposición non de Lei para que a Xunta derrogue a Lei de Augas e o seu Regulamento que impoñen o canon da auga e o coeficiente de vertedura.

Out 21
Os socialistas galegos denunciaron hoxe que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “supérase a si mesmo é fai desaparecer a Costa da Morte dos Orzamentos para 2015”, reducindo “a autovía á metade”. “Nun claro exercicio de trilerismo político e en claro fraude de lei, o presidente da Xunta modifica as condicións de adxudicación da autovía e condena á Costa da Morte o illamento e a marxinación en que sempre a tiveron os gobernos do Partido Popular”, manifesta Marisol Soneira.
Páxina 4 de 45