Mar 10

Os socialistas galegos esixiron hoxe no pleno do Parlamento “dignidade” ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para que de explicacións sobre “o financiamento ilegal do Partido Popular e a súas amizades perigosas, entre outros moitos temas”. “Feijóo entrou en Monte Pío ao lombo dunha campaña de descrédito do seu antecesor chegando a acusalo, nesta mesma tribuna, de cargar o aluguer da vivenda das súas vacacións en Galicia ao erario público; Touriño aportou a esta cámara a factura do aluguer abonada do seu pecunio particular e Feijóo non considerou necesario dar ningunha explicación nin desculparse”, manifestou nunha moción a deputada socialista Marisol Soneira.

Dec 15

Deixando ao lado todo o esperpento que envolve a xestión desta tan necesaria vía de comunicación  para o conxunto da Costa da Morte e non solo para unha parte da mesma (por certo, a máis próxima á capital provincial), a violación da Lei de Contratos do Estado, a case duplicación do custe, a redución do período concesional a un custe maior, o incumprimento sistemático das promesas do Presidente e mais membros do seu goberno, as reiteradas faltas de respecto aos habitantes da Costa da Morte, e un longo etc máis de actuacións lamentables en todo o proceso de  xestión da aínda non nata autovía, da a impresión de que o Presidente Feijoo, a Conselleira Vázquez, o Partido Popular e todo o seu contorno mediático, agardan a que os felicitemos polo bochornoso espectáculo amosado estes días: un remedo de inicio das obras da mini-autovía destinado a enganar aos nativos facendo ver que se fai.

Nov 27

Marisol Soneira advirte que de ser certa a información de Crespo de que Pachi Lucas durmía en Monte Pío, “quén nos garante que sexa falso que o presidente informou das escoitas, que Lucas era o conseguidor da trama ou que o PP recibía parte do diñeiro”. Rueda non é quen de desmentir que o presidente da Xunta advertira a Lucas que deixara de falar co empresario coruñés porque o teléfono estaba pinchado

Páxina 3 de 45