Out 14

A Comisión Institucional do Parlamento aprobou  unha Proposición non de Lei do Grupo Socialista para pedir a reforma da Lei de Réxime Electoral co obxectivo de garantir un dereito constitucional e establecer as máximas garantías no voto dos emigrantes galegos no exterior. Soneira lembrou que logo das “trabas administrativas” aplicadas nos últimos procesos electorais fan do dereito ao voto unha “misión imposible”, e como mostra sinalou que o índice de participación pasou en poucos anos de superar o 30 por cento a situarse por debaixo do 5 por cento. Estas reformas, engadiu, “introduciron obstáculos administrativos de carácter insuperable na maioría dos casos”.

Xun 21

A vicevoceira do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Carmen Gallego, denuncia que o goberno de Mariano Rajoy, a través da Axencia Estatal de Administración Tributaria, "segue perseguindo aos pensionistas emigrantes retornados"; posto que, a escasos días de rematar o proceso de regularización da súa situación -o prazo final remata o 30 de xuño- hai pensionistas que están recibindo novas notificacións de apertura de procedementos sancionadores por non ter presentado no seu día a declaración da renda correspondente ao ano 2010.

Abr 16

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, criticou a “absoluta falla de compromiso” do goberno galego co colectivo de pensionistas emigrantes retornados. A responsable socialista preguntoulle hoxe no Pleno ao conselleiro de Facenda polo incumprimento do acordo aprobado por unanimidade na Cámara en setembro de 2013 logo de asistir a unha concentración deste colectivo organizada hoxe ás portas do Parlamento.

Páxina 2 de 45