Nov 12
O PSdeG-PSOE DA COSTA DA MORTE, vai a realizar unha serie de xornadas informativas a cidadanía, sobre diversos temas de actualidade. A primeira xornada informativa realizarase na Casa de Cultura de Corcubión o próximo sábado 16, as 11 da mañá,  a xornada leva por título: “AS REPERCUSIÓNS SOBRE A CIDADANÍA DAS POLÍTICAS DO GOBERNO CENTRAL E DA XUNTA DE GALICIA”. Darase información e conta dos impostos e taxas locais impostos polo estado, e pola Xunta de Galicia, e a súa repercusión na economía das familias. Dende a  Agrupación Socialista de Camariñás, animamos a todos os veciños a participar activamente en estas xornadas, xa que tanto por os temas que se van a tratar (que nos afectan directamente), como por a calidade dos poñentes, seguro que saímos ben informados.
Nov 08

Marisol Soneira pregunta tamén pola variante de Baio, anunciada por Hernández no pleno do Parlamento e que non consta nos Orzamentos

A parlamentaria socialista, Marisol Soneira, ven de presentar unha batería de iniciativas parlamentarias ca fin de aclarar en que consiste a “priorización do tramo Carballo – Baio” no trazado da autovía da Costa da Morte, anunciado polo conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, no pasado Pleno celebrado os días 29 e 30 de outubro na Cámara Autonómica.
Nov 07
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da deputada Marisol Soneira Tajes e dos deputados Juan Carlos González Santín e Pablo García García, a través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 162 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Proposición non de lei en Comisión 3.ª.
Páxina 10 de 45