Dec 23
A portavoz de Emigración do Grupo Socialista , Marisol Soneira, censurou a explicación que o Director Xeral de Relacións Exteriores da Xunta, Jesús Gamallo, fixo na Comisión Institucional do Parlamento de Galicia. Acusou á Xunta de non ter un deseño de cales son as Relacións Exteriores da Comunidade. Para Soneira, “existe a sensación de que había que vir por esixencia do guión”, e recriminou ao representante do Goberno galego e ao Grupo Popular que rexeitaran ata o momento todas as peticións de comparecencia do Presidente Feijóo e do secretario de Emigración. Incluída a relativa á última viaxe á Cuba do presidente, cuxa xustificación para non incluíla foi que o pleno “era moi denso”.
Dec 10
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, afirmou esta mañá que “o PP é o responsable da suba do 34% do lixo, e os cidadáns xa empezan a estar cansos de ter que pagar as facturas dunha mala xestión”. O socialista apuntou que “cada vez para un maior número de fogares en Galicia se está a tornar imposible pagar os servizos básicos” porque “o presidente Feijóo adoita dicir que só se trata do prezo dun café, pero é que xa van moitos cafés” entre “a suba do lixo, do gas, do teléfono ou da enerxía eléctrica, para a que xa anuncian outra suba” en xaneiro. “Que non esperen que sexamos cómplices dunha suba que nin está explicada, nin está fixado quen son os responsables nin cales son as solucións”, asegurou.
Dec 05
A parlamentaria socialista, Marisol Soneira, ven de preguntar no Pleno da Cámara galega ao conselleiro de Medio Ambiente en que consiste a “priorización do tramo Carballo – Baio” no trazado da autovía da Costa da Morte, anunciado por Agustín Hernández no pasado Pleno celebrado os días 29 e 30 de outubro na Cámara Autonómica.
Páxina 8 de 45