Mar 12
A parlamentaria Camariñá Marisol Soneira interveu no debate da toma en consideración de unha Proposición de Lei para modificar a LOREG celebrado no Congreso dos DEPUTADOS. O PSOE considera imprescindible unha modificación urxente da LOREG para garantir a participación electoral dos emigrantes españois. O PSOE votou favorablemente para posibilitar o voto en urna dos cidadáns españois residentes no exterior.
Mar 12
O deputado socialista Francisco Caamaño acusou hoxe ao PP de “aforrar en democracia” ao avalar en Galicia a Lei de Administración Local que perpetra “unha violación clara da autonomía local e a que estatutos como o galego recoñecen aos gobernos autonómicos para regular o ámbito local”. Caamaño reclamou hoxe que o Parlamento de Galicia presentara un recurso de inconstitucionalidade contra a dita Lei por entender, como fai a practica totalidade da iuspublicística española, que vulnera as competencias autonómicas, unha solicitude que foi rexeitada polo PP. Instou a Feijóo e ao PP que sexan “coherentes coas afirmacións dos alcaldes e representantes do PP nos concellos” que criticaron a norma dende a Federación Galega de Municipios e Provincias –Fegamp-.
Xan 29
Marisol Soneira esixe o remate da infraestrutura “sen mais dilacións, de acordo co proxecto sometido a concurso e adxudicado na súa totalidade”. A deputada socialista Marisol Soneira reclamoulle ao Parlamento a reprobación do conselleiro de Infraestruturas pola xestión e paralización da autovía da Costa da Morte. Soneira presentou unha serie de iniciativas parlamentarias nas que denuncia a “irresponsabilidade e desprezo” do goberno galego á Costa da Morte.
Páxina 7 de 45