Xun 12
A portavoz de Política Exterior do Grupo Socialista, Marisol Soneira, lamentou hoxe que “nunha unha foto saíu tan cara” como a da viaxe de Feijóo a Xapón a pasada semana. A deputada socialista preguntoulle ao goberno galego pola viaxe do presidente da Xunta “sen axenda coñecida” no que “mais parecen unhas vacacións pagadas” e anunciou a solicitude formal á Xunta da axenda e custe desta viaxe.
Mar 20
Marisol Soneira critica o escurantismo e a falla de contidos e resultados da última viaxe institucional do presidente da Xunta e esixe a súa comparecencia en Pleno. A portavoz de Política Exterior do Grupo Socialista, Marisol Soneira, dixo hoxe que a última viaxe institucional de Feijóo a México e Panamá foi en realidade “unha escapada a conta dos orzamentos da Xunta”. Así o dixo logo de evidenciar a falla de contidos e resultados dunha viaxe da que o presidente da Xunta négase a dar conta.
Mar 19
Os alcaldes socialistas demandaron hoxe que a suba do canon do lixo sexa asumido “pola Xunta de Galicia, os concellos e a propia Sogama como empresa, xa que entendemos que ten que asumir parte da súa responsabilidade na mala xestión, en vez de mirar para outro lado e cargarllo aos galegos”. Un grupo de alcaldes socialistas e do BNG concentráronse hoxe diante da Xunta en San Caetano, nun acto ao que tamén asistiron os deputados do PSdeG Pablo García, Xosé Sánchez Bugallo e Patricia Vilán, portavoz de Medio Ambiente na Cámara galega.  En declaracións aos medios de comunicación, Marcos Blanco, rexedor de Ribadavia e membro da Executiva galega do PSdeG, solicitou “diálogo e consenso” ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para atopar unha solución á imposición “do taxazo de Sogama, que castiga unha vez máis ao municipalismo e ao conxunto dos galegos”.
Páxina 6 de 45