Nov 24

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE FEIJOO VAI CONSTRUÍR UNHA GOLETA POR UN IMPORTE DE 1,8 MILLONS “MENTRAS IMPULSA O RECORTE NAS POLÍTICAS SOCIAIS”

O portavoz de Portos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Manuel Gallego rexistrou unha iniciativa na Cámara Autonómica para coñecer a tramitación administrativa para a construcción da Goleta en Cervo

Santiago, 15 de novembro de 2010. O portavoz de Portos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Manuel Gallego quere saber cal foi o modelo seguido, en especial, no que afecta o cumprimento da legalidade vixente na tramitación administrativa para a construcción dunha Goleta en San Cibrao no concello de Cervo, por un importe superior ao millón e medio de euros. Ademais denuncia que a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar, esta “despilfarrando os nosos recursos”, xa que esta publicitando nos medios a construcción deste buque.

O deputado socialista, sinala na iniciativa rexistrada que Portos de Galicia en pleno auxe de recortes en políticas sociais, educación, sanidade, infraestructuras, etc., vén de anunciar a necesidade de construír unha goleta que suporá unha inversión aproximada de 1,8 millóns de euros para as arcas públicas, ademais duns custes posteriores de mantemento que non foron cuantificados polo Goberno galego.

Gallego lembra que o  ente público Portos de Galicia, optou por convocar un concurso público, neste caso, aberto a calquera participante que quixera presentarse para construír unha goleta.  Pero advirte que unha condición deste concurso é que o barco debería ser construído no porto de San Cibrao, onde só existe un estaleiro de carpintería de Ribeira.

Nov 05
OS SOCIALISTAS ADVIRTEN QUE OS ORZAMENTOS DE SANIDADE “VOLVEN INACCESIBLE O SISTEMA SANITARIO” AO INCREMENTAR AS LISTAS DE ESPERA. Modesto Pose considera unha “tomadura de pelo” que a Xunta queira facer 56 novos centros de saúde con só 4 millóns de euros

 

Páxina 45 de 45