Set 17
A deputada socialista Marisol Soneira vén de esixirlle ao goberno galego que remate “de inmediato” a autovía da Costa da Morte “íntegra, sen rebaixas que limiten unha infraestrutura imprescindible para a comarca”. A responsable socialista alerta que o goberno galego quere limitar a infraestrutura á conexión “Baio – Carballo”, renunciando ao proxecto orixinal. Advirte que “calquera execución parcial deixaría á comarca cunha infraestrutura feita a base de remendos, coas costuras á vista e en definitiva suporía un estrago de cartos e recursos”. Alerta ademais do risco de ter que afrontar reclamacións patrimoniais pola modificación das condicións da licitación “pola vía dos feitos”, abrindo a posibilidade de que as empresas concursantes aleguen un cambio irregular nos requisitos.
Ago 11
A portavoz de Emigración do Grupo Socialista, Marisol Soneira, criticou hoxe que o Goberno galego, con Feijóo á cabeza, limite a política exterior a “viaxar ao Golfo de México e a paraísos tropicais” mentres “os nosos emigrantes fican abandonados” á súa sorte. Reclamou hoxe a comparecencia de Feijóo e do responsable de Emigración do goberno para dar conta do “fiasco” da súa xestión.
Xul 02
O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, presenta mañá na Comisión de Ordenación Territorial  do Parlamento unha pregunta oral sobre a tramitación e xestión das obras de construción da autovía da Costa da Morte. A iniciativa será debatida na Comisión de Ordenación Territorial que comeza ás 10,30 h. Poden seguir a intervención en directo na web do Parlamento de Galicia: http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/default.aspx
Páxina 5 de 45