Feb 24

Mañá na 17ª Xornada de Conservación de Arte Contemporánea en Madrid, organizada polo Departamento de Conservación-Restauración do Museo Reina Sofía, Carmen Hermo falará sobre a recuperación e posta en valor da obra-legado de Man.

Feb 24

A Federación Galega de Confrarías ten convocado para o próximo domingo unha gran manifestación en defensa da pesca e do marisqueo, sectores básicos e fundamentais da economía e do emprego no noso concello.

23 Febreiro 2016

RESUSITOU! RESUSITOU!

Escrito por

Este berro fano os fisterráns, na representación da súa Semana Santa, diante de Cristo resucitado. Tamén resucitou a Caberna Cibernética para, coma sempre, volver sobre as súas vellas teimas: os socialistas son uns corruptos!, os xuíces vanos a meter na cárcere!, Pichurri non vai poder presentarse as eleccións!, etc., etc. Debe ser moi  frustrante ver como unha e outra vez os tribunais tiran polo chan tódalas súas fantasías.

O Concello de Camariñas  participará no 17º Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar, que se celebrará do 3 ao 7 de febreiro en Ourense dentro do estánd da Deputación da Coruña e nas aulas gastronómicas de Xantar.

O concelleiro responsable de cultura, Sergio Caamaño, remítenos a seguinte nota que nos, encantados, reproducimos.

O Concello de Camariñas, en colaboración con Amigos da Terra, organizaron dous cursos de iniciación a poda para todas aquelas persoas interesadas.

Xan 21

O Concello de Camariñas acaba de presentar o cartel da XXVI Mostra do Encaixe, que nesta ocasión ten como lema “Levamos o encaixe na pel”. O cartel gañador foi elixido nun concurso popular a través do Facebook. En total presentáronse seis carteis e o gañador foi o que obtuvo máis votos polas redes sociais. A autora é unha veciña de Camariñas, Rosa Mouzo Pasantes, e a modelo que aparece é outra camariñana, Maite Castro Carril.

Xan 20
Este luns comezaron as obras de acondicionamento do pavimento de tres parques infantís do noso concello, moi deteriorados polo intenso uso a que se ven sometidos pola nosa poboación mais…
Xan 19
Marisol Soneira denuncia a connivencia da Xunta cunha decisión “en contra da seguridade dos traballadores do mar e de todo o tráfico marítimo en xeral” nunha das costas con máis…
Xan 12

A Deputación de A Coruña, ven de conceder o Concello de Camariñas unha subvención nominativa para o financiamento da obra de Recuperación da Casa de Man de Camelle. A contía das obras será de 25.000 euros dos cales 20.000 son da Deputación e o Concello de Camariñas aporta os 5,000 restantes. 

Páxina 5 de 64