Mai 22

Tres parques mais seguros, mais cómodos e máis modernos. O departamento de obras do Concello Camariñán ven de ultimar a colocación dun novo pavimento en tres parques infantís no termo municipal.

Mai 20

O Día Mundial da Fibromialxia foi celebrado por primeira vez en Camariñas este 12 de maio de 2016. Foron varias as mulleres de Camariñas que, xunto a concelleira de servizos sociais Sandra Ínsua, se deron cita na Praza do Concello e que participaron no acto pintando un mural da artista mexicana Frida Kahlo, que simbolizaba a dor que sufren as persoas afectadas por esta doenza. Unha boa iniciativa para lembrar que a sanidade non debe ser obxeto dos continuos recortes cos cales os gobernos do PP castigan sen piedade os cidadáns. Unha boa iniciativa que se repetirá de seguro.

O Concello de Camariñas acaba de firmar o convenio co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para levar a cabo o programa “Xantar na Casa”, do que de…

O Concello ten previsto por en marcha os procesos de contratación de persoal para que todo estea listo de cara as datas estivais.O mes de Maio é de gran actividade para a Concellería de Emprego do Concello de Camariñas. É nestas datas cando se publican no taboleiro de anuncios as bases para a contratación de persoal en postos e actividades relacionadas coa limpeza de praias, a actividade sociocultural ou a protección dos montes e contra incendios.

O responsable de educación da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE, Antonio Alvarez, trasladouse a Camariñas, invitado plos socialistas camariñás, para trasladarlles as ANPAS e as nais a preocupación que existe na…

A Sección Quinta da Sala do Contencioso-Administrativo acaba, unha vez mais de ditar sentencia favorable ao concello e á Xunta de Galicia diante do recurso de casación presentado por un veciño de Camariñas contra o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Mai 11

O Concello de Camariñas convoca o Concurso de Literatura Infantil e Xuvenil Letras Galegas 2016 co motivo da celebración do vindeiro 17 de maio. Neste certame poderán participar todos os escolares de Educación Infantil, Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) dos centros escolares do municipio, ou se estudian noutro centro de fóra, pero son residentes no Concello de Camariñas.

Mai 08

A noticia correu coma un lóstrego polo campo de fútbol da Grixa, en Ponte do Porto. Martinez, o seu presidente, acababa de morrer. Unha longa e cruel enfermidade acabou cunha boa persoa, alegre e comprometida. Os xogadores do Porteño, que non podían conter as bágoas, e os do Zas, gardaron un minuto de silencio e levaron brazaletes negros na manga da camisola que con tanto orgullo representaba Martinez.

Mai 08

A sede dos socialistas de Camariñas, a entrañable Casa do Pobo, que dou acubillo aos voluntarios do Prestige, a distintos colectivos sociais que teñen realizado alí as súas actividades, que axudou a difundir novas de todo tipo, ou que serve para degustar un bo café en mellor compañía, segue coa súa tradición e vocación democrática para facilitarlle aos militantes socialistas de Camariñas que avalen aos seus candidatos para participar no proceso de primarias internas que darán como resultado a elección do candidato a presidir o goberno de Galicia nas próximas eleccións autonómicas.

Mai 02
Fútbol, sendeirismo e múltiples actividades encheron a vila de visitantes. Camariñas congregou esta fin de semana a un bo número de visitantes a expensas dos diferentes eventos que, coa colaboración…
Páxina 3 de 64