Out 14

A Comisión Institucional do Parlamento aprobou  unha Proposición non de Lei do Grupo Socialista para pedir a reforma da Lei de Réxime Electoral co obxectivo de garantir un dereito constitucional e establecer as máximas garantías no voto dos emigrantes galegos no exterior. Soneira lembrou que logo das “trabas administrativas” aplicadas nos últimos procesos electorais fan do dereito ao voto unha “misión imposible”, e como mostra sinalou que o índice de participación pasou en poucos anos de superar o 30 por cento a situarse por debaixo do 5 por cento. Estas reformas, engadiu, “introduciron obstáculos administrativos de carácter insuperable na maioría dos casos”.

Out 13

A Rúa Fornelle de Camelle experimentou unha substancial mellora coa derradeira e importantísima actuación que levou a cabo o Concello de Camariñas. Trátase de unha das rúas máis transitadas de Camelle xa que é parte do nexo de unión entre as vilas de Camelle e Arou polo que soporta diariamente gran intensidade de tráfico. Estamos a falar dunha vía extremadamente estreita en varios puntos que grazas a colaboración desinteresada dos veciños que cederon voluntariamente os seus terreos ó concello  pasou a ser unha calle xa con unhas dimensións que permite o tráfico de vehículos con total seguridade.

13 Outubro 2015

+CAMARIÑAS DEPORTIVO

Escrito por
Resultados fin de semana:FUTBOL:Pouco afortunada a xornada futbolística para os equipos do noso concello. Todos eles, e en tódalas categorías, perderon os seus respectivos partidos agás o Porteño que trouxo…

A oficina de información turística de Camariñas, aberta dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto, estase a converter nun elemento dinamizador do turismo moi importante para o sector e para as persoas que visitan o noso concello. Ademais do servizo de información clásica aos turistas, a oficina xestionou as visitas das rutas guiadas por Camariñas: Na beira do Mar e Historias Mariñeiras, Transporte turístico gratuíto xunto coa axencia de desenvolvemento local, a Ruta dos Naufraxios, Ruta mariscadora, Noite de Naufraxios e servizo de aluguer de bicicletas.

A Casa de Pedra acolle nas súas instalacións a un dos servizos mais importantes do Concello de Camariñas: a Axencia de Desenvolvemento Local. Foi unha das primeiras postas en funcionamento en Galicia e nela encádrase o servizo de orientación laboral. A Axencia de desenvolvemento local (ADL) depende da Concellería de Desenvolvemento Local, Servizos Sociais e Urbanismo. Foi creada no ano 1989 e ten como principal cometido o desenvolvemento socioeconómico, harmónico e sostible e a creación de emprego no territorio de Camariñas.

O obxectivo é capacitar ás persoas que participen nesta formación, na poda sustentable e no coidado  de árbores froiteiras de xeito autónomo. O curso dividirase en tres módulos en xornadas de tres horas cada un.

Neste curso formarase aos asistentes en materias tales como o comportamento das plantas no seu medio natural e fronte á poda, a importancia do corte, nocións básicas de ciruxía arbórea, práctica e sinxela, ferramentas a utilizar, porqué é tan importante a poda,ou  para que serve realmente. O curso tamén pretende formar nos distintos tipos de podas: de formación, de frutificación e de rexuvenecemento, así como os tipos de poda segundo a especie de froiteiras.

O curso irá dirixido á poboación adulta do termo municipal de Camariñas e a traballadores municipais responsables do coidado dos xardíns do municipio. As partes teóricas do curso serán impartidas en interior, contando con un proxector e ordenador e as prácticas realizaranse no espacio acordado con concello.

As persoas interesadas poden ter mais información no concello poñéndose en contacto co concelleiro de medio ambiente, Sergio Caamaño.

Out 08

Outra vez estamos a recibir nas nosas casas o recibo por consumo de auga. Practicamente todos e todas, sen excepción, renegamos do que nos cobran pola auga, discutimos cos fillos e co resto da familia porque non temos conta das billas e das cisternas, ou botamos o fol cando descubrimos que un membro da familia váiselle o tempo debaixo da ducha.

Out 07

Nestes días estamos a recibir nas nosas casas os recibos correspondentes aos impostos e taxas municipais. Nalgún caso a suma de todos eles supón un desembolso considerable para as economías familiares polo que a posibilidade de distribuír os pagos en varias cuotas convértese nunha alternativa a considerar.

Para iso, a Deputación Provincial da Coruña ten establecido un procedemento polo que calquera persoa que sume entre os recibos de contribución, lixo, auga, etc. máis de 100 euros, pode solicitar o aprazamento ou fraccionamento dos recibos que queira pagando un interese do 5%. Se a suma dos recibos é inferior a 300 euros pódea fraccionar ata en 12 prazos e se a suma dos recibos é superior a 300 euros pódea fraccionar ata en 24 prazos.

Os modelos que deberán cubrir pódense atopar nestes enlaces:

http://www.dicoruna.es/files/2514/1458/5775/solicitude-fraccionamento-gl-14-07-2014.pdf

http://www.dicoruna.es/files/8514/1458/5773/APLAZ-02-G_-_AUTORIZACION_CARGO_CONTA-14-07-2014.pdf

Para calquera dúbida podemos poñernos en contacto ca oficina de recaudación da Deputación en Corcubión no 981746811 ou nas oficinas municipais.
 

Out 06

A tenente de alcalde, Sandra Insua, clausurou fai uns días o programa Deseñando o teu Futuro na Costa da Morte" onde 30 mozos e mozas dos concellos de Camariñas, Mazaricos, Vimianzo e Muxía comezaron as súas estadías en empresas destes concellos.

Out 06
O Concello de Camariñas ven de acometer unhas impresionantes melloras no pavillón municipal, concretamente no pista de atrás do pavillón.Estas melloras teñen por finalidade dotar o espazo das melloras técnicas…
Páxina 11 de 64