Set 23

Gracias a todos e a todas por vir. Gracias polas túas palabras Pichurri, se lle poñes o mesmo empeño o tan necesario Centro de día como fixeches co tanatorio… ¡Está asegurado! Hoxe  sintome distinta, un pouco nerviosa… emocionada. Como Secretaria Xeral  sempre subo aquí a  presentar os actos… Falo  da gran familia que somos…. Presumo dos grandes compañeiros e compañeiras que formamos a Agrupación Socialista de Camariñas…. Agrupación que é un referente do socialismo en toda Galicia…. Agrupación da que me sinto tremendamente orgullosa…. Pero hoxe e distinto…. Falo por primeira vez coma candidata.

Set 21

COMEZA A CONTA ATRÁS PARA O TAN ESPERADO CAMBIO NA POLITICA GALEGA. Coa intervención de  Juan Carlos Canosa, Coordinador comarcal da Costa Atlántica dou comezo o acto no que interviron o noso alcalde Pichurri e Marisol Soneira Vice-Presidenta segunda da mesa do Parlamento de Galicia. Logo chegaría o turno do descurso dunha emocionadísima Encarna Liñeiro que resaltou todo o que está por vir co cambio que quere protagonizar o PSdeG na Xunta de Galicia. Finalmente foi o turno do noso candidato, Xoaquin Fernandez Leiceaga  que falou intensamente das respostas novas que dende o PSdeG queremos para todos os galegos e galegas.  E, como Encarna, puntualizou especialmente na sanidade e educación universal gratuita e de calidade para todos e todas, da política pesqueira, dos servicios sociais e da tan necesaria aplicación da ley da dependencia. Un cheo absoluto como os de toda a vida na Casa de Pedra de Camariñas que agardamos sexaun impulso máis para lograr que o noso candidato Leiceaga leve o cambio tan necesario para todos os cidadáns de Galicia.

Hoxe na Casa de Pedra de Camariñas non se celebrará tan só un mitin. Hoxe é o comenzo do cambio. O comenzo para as respostas novas que queremos para Camariñas e Galicia. Respostas novas para os nosos mariñeiros. Respostas novas para a Sanidade. Respostas novas para a Educación dos nosos fillos e fillas. Hoxe estades todos invitados a partir das 6 e media da tarde na Casa de Pedra para escoitar ao noso querido veciño de Camelle Juan Carlos Canosa Marcote, coordinador Comarcal do PSdeG da Costa da Morte, Marisol Soneira, Vice-presidenta Segunda da mesa do Parlamento de Galicia, Pichurri, Alcalde de Camariñas, Encarna Liñeiro Pouso, candidata, e sobre todo, a Xoaquín Fernández Leiceaga,  para coñecelo e ver que é un político cercano, humilde e preparado para ser o Presidente que faga posible o cambio en Galicia. Xoaquín Fernández Leiceaga, unha resposta nova.

Don Jesús Ramos Fuentes, o que fora o primeiro alcalde de Camariñas en democracia, finou o luns 22 de agosto do 2016. Dende a Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Camariñas queremos dar o noso pésame a toda a familia deste camariñán que tivo o honor de ser o primeiro rexidor do executivo municipal do noso concello aínda que tamén será recordado por moitos de nos pola súa etapa como profesor da escola da Ponte do Porto. Todo aquel que desexe estar coa súa familia nestes duros momentos pode acudir ó Tanatorio da Ponte do Porto onde está sendo velado o corpo sen vida de Don Jesús. O funeral de corpo presente será celebrado na tarde deste martes na igrexa parroquial de San Bartolo de Arou. Descanse en paz.

O Concello de Camariñas iniciou hoxe o programa “Xantar na Casa”, despois de firmar o recente convenio co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia.…
Algo máis de 150 nenos participan este verán nos obradoiros deportivos e culturais que organiza o Concello de Camariñas durante o verán, batendo unha cifra récord das últimas edicións. Durante…
Xul 07
A escola infantil de Camariñas cumprirá o vindeiro venres 8 de xullo dez anos desde a súa posta en marcha, polo que o Concello organizou unha gran festa para conmemorar…
Xun 20

O alto da Virxe do Monte, no monte Farelo, vai ser o lugar escollido para a recreación dos ritos que saudaban a chegada do verán, co solsticio de verán, este próximo luns en Camariñas.

Xun 14

Festur celebra a súa terceira edición como espazo de encontro das festas de interese turístico galegas. Unha cita que se unirá, do mesmo xeito que en 2015, ao salón turístico Turexpo Galicia, para ofrecer unha atractiva proposta que ademais se enmarcará na 39a Feira Internacional Abanca- Semana Verde de Galicia para crear sinergias con este emblemático certamen multisectorial.

Xun 13

O próximo sábado, 18 de xuño, no marco incomparable da zona recreativa do Ariño, en Xaviña, os socialistas de Camariñas celebrarán a súa festa anual cunha comida campestre en camaradería e co ambiente distendido de sempre.

Páxina 1 de 64