Mai 08
Hoxe, mércores, comezou o YPAD, o encontro da Xuventude. Un encontro do que, como concelleiro de desenvolvemento, me sinto moi orgulloso, por un lado porque temos confirmados máis de oitenta participantes e por outro lado por todo o grupo de rapaces de Camariñas que nos tivo axudando a organizar.

 

Mai 02
En setembro do 2011 unha delegación do Concello de Camariñas visitou Borgotaro (Italia) para facer a primeira reunión de coordinación do proxecto YPAD, Young People and Development. Os obxectivos do proxecto son intercambiar boas prácticas entre os municipios socios en temas tan importantes para a xuventude como o desemprego, a formación, o autoemprego, etc. Tamén divulgar proxectos emprendedores dos municipios e intentar mellorar a comunicación entre os concellos e os mozos e mozas.
Nov 25
Encontro en Suecia de mozos de Camariñas de outros catro municipios europeos
Unha delegación do Concello de Camariñas ven de realizar unha viaxe á cidade sueca de Pitea, lideres do proxecto no que participa xunto con Ferrol e dous concellos italianos  e outro finés.
Páxina 2 de 4