Feb 13

Grazas a que o Grupo Municipal Socialista aprobou no seu día o PXOM (lembrar que o PP abstívose), instalacións como a que pretende levar a cabo Gas Natural no Cabo Vilán, NON SON POSIBLES, xa que o PXOM dotou a este paraxe da máxima protección medioambiental. O sábado 7 enterámonos polo diario El País dunha noticia que non deixaba a ninguén indiferente, a Xunta do PP aprobaba unha resolución na que dicía que NON ERA NECESARIO SOMETER, O PROXECTO DE UNHA INSTALACIÓN CON LÍQUIDOS TÓXICOS, A AVALIACIÓN DO IMPACTO AMBIENTAL no espazo protexido de cabo Vilán.  Para evitar as confusións o mellor que hai é dar toda a información. No arquivo adxunto tes a resolución da Xunta de Galicia con respecto a avaliación ambiental do proxecto.
 Con respecto ás declaracións que apareceron hoxe nun medio de comunicación nas  que se asegura "El Concello de Camariñas apoya las baterías de Fenosa en Vilán" temos que dicir que esta mesma mañá o alcalde Pichurri xunto con representantes do grupo de goberno se puxeron en contacto con este medio de comunicación para que que rectificara ditas palabras que nunca foron pronunciadas por Pichurri.

Out 08
Compostar significa poñer os restos das comidas, de poda ou de céspede nun composteiro para convertilos en compost. O compost é un abono natural de moi boa calidade. Por qué temos tanto interese na compostaxe? A primeira razón é para aforrar no recibo do lixo. A metade do que tiramos no contedor verde, o xenérico, é orgánico. Todo o que vai no contedor verde vai a Sogama e alí quéimano. En Sogama non o separan. Pagamos polo que levamos a Sogama, canto menos levemos menos pagaremos. Por iso se todo o mundo compostara aforraríamos a metade e pagaríamos a metade. Ese é o noso obxectivo.
Xun 16
Por fin Costas comezou a retirar as pedras da praia de Arou, esperemos que nunha semana estean os traballos rematados. Houbo que esperar ata mediados do mes de xuño para que Costas empezara a limpeza das pedras da fermosa praia de Arou.
Páxina 4 de 9