Nov 05

Onte debateuse unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia, da deputada e vicepresidenta 2ª, a camariñana Marisol Soneira, na que en síntese pedíase apoio para o saneamento integral de Xaviña e a conexión deste coa estación depuradora de augas residuais de Dor-Ponte do Porto.

Nov 04

“Para o inimigo, nin auga saneada”. Así resumiu a deputada Marisol Soneira a situación do saneamento das augas residuais no Concello de Camariñas, nomeadamente as da parroquia de Xaviña, con 800 veciños que non teñen “ningún tipo de saneamento” malia pagar os mesmos canons que o resto do Concello.

Out 11

O obxectivo é capacitar ás persoas que participen nesta formación, na poda sustentable e no coidado  de árbores froiteiras de xeito autónomo. O curso dividirase en tres módulos en xornadas de tres horas cada un.

Neste curso formarase aos asistentes en materias tales como o comportamento das plantas no seu medio natural e fronte á poda, a importancia do corte, nocións básicas de ciruxía arbórea, práctica e sinxela, ferramentas a utilizar, porqué é tan importante a poda,ou  para que serve realmente. O curso tamén pretende formar nos distintos tipos de podas: de formación, de frutificación e de rexuvenecemento, así como os tipos de poda segundo a especie de froiteiras.

O curso irá dirixido á poboación adulta do termo municipal de Camariñas e a traballadores municipais responsables do coidado dos xardíns do municipio. As partes teóricas do curso serán impartidas en interior, contando con un proxector e ordenador e as prácticas realizaranse no espacio acordado con concello.

As persoas interesadas poden ter mais información no concello poñéndose en contacto co concelleiro de medio ambiente, Sergio Caamaño.

Páxina 2 de 9