Mar 17
O venres 16 de marzo estiven en SOGAMA nun curso de formación dirixido ós concellos adscritos ás plantas de transferencia de Cee, Santa Comba, Boiro e Santiago. O curso consistía na orientación a representantes municipais á unha xestión máis sostible dos residuos.
Feb 22
O Concello de Camariñas está a preparar un programa de mellora da recollida selectiva. Xa o ano pasado se puxera en marcha o programa Minimización de Residuos. Con este programa leváronse a cabo diversas charlas cos empresarios e veciños en xeral nos que se repartiu caldeiros domiciliaros con dous apartados, un para a bolsa negra e outro para os envases lixeiros. Tamén se fixeron concursos cos rapaces das escolas onde se premiou o traballo dos rapaces a hora de separar. E creouse o servizo de recollida de aceites domésticos en colaboración cos supermercados.
Xan 09
Hai uns días o Diario Oficial de Galicia anunciaba que se ampliaba a Rede Natura. Cando escoitas ese anuncio non sabes que pensar. Será bo ou malo que amplien a Rede Natura?
Páxina 8 de 9