Mar 19
O Concello de Camariñas pon en marcha no municipio un programa de compostaxe doméstica. O proxecto forma parte do programa "Camariñas verde" subvencionado pola Deputación da Coruña. Hai 3 anos realizouse un proxecto similar ca participación de 40 familias de Xaviña acadándose un bo resultado. Agora serán 25 familias. O obxectivo deste proxecto é o de reducir os residuos orgánicos producidos no Concello, obter un abono de calidade, e concienciar á cidadanía da problemática asociada aos residuos.
Dec 04
Este martes o Concello de Camariñas ven de reforzar a recollida selectiva de envases lixeiros. Tíñamos 90 contedores amarelos e agora colocáronse 40 contedores máis por todas as parroquias. Aumentamos en máis dun 40% os puntos nos que os veciños poden separar. Estes contedores compráronse co Fondo de Compensación Ambiental. Temos un obxectivo, e é chegar a poñer un contedor amarelo ao lado de cada verde. Con isto facemos máis fácil a labor de separar dos cidadáns. Separar é moi importante. Hai que lembrar que só pagamos polo que poñemos no contedor verde. Polo que poñemos nos iglús de vidro, de cartón ou no amarelo non se paga, salvo que poñamos algo impropio.
Nov 13

José Luis Méndez Romeu advirte “fraude de Lei” que a entidade faga que os concellos paguen o mesmo por tonelada “sexa ou non incinerado” e reclama un novo plan de residuos sostible en colaboración cos concellos e prescindindo de Fenosa

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, cualificou hoxe de “absolutamente inmoral” a suba do canon de Sogama no recibo das familias en 16 millóns de euros “co único obxectivo de facer caixa”. Así o dixo na sesión de control ao presidente da Xunta, na que reclamou un novo plan de residuos sostible en colaboración cos concellos e prescindindo de Fenosa.
Páxina 6 de 9