Abr 25
Este xoves 24 de abril de 2014 25 familias participaron nunha charla sobre a compostaxe que se enmarca dentro do programa "Camariñas Verde" financiado pola Deputación da Coruña, ca colaboración do Grupo Soil e a execución técnica da asociación ambientalista Amigos da Terra. A charla comezou explicando os motivos que fan que no Concello de Camariñas nos interesáramos pola compostaxe. No 2010-2011 tivemos unha primeira experiencia ca compostaxe e os resultados foron moi bos. O 50% dos residuos que xeramos son orgánicos, estes van ao contedor verde e despois a SOGAMA. O noso propósito é reducir o que levamos a SOGAMA para que así TODOS paguemos menos.
Abr 24
O Concello de Camariñas inicia un proxecto de compostaxe con 25 vivendas unifamiliares da parroquia de Xaviña dentro do programa “Camariñas Verde” financiado pola Deputación da Coruña. O día 24 de abril, da comezo o programa de implantación da compostaxe doméstica, en vivendas unifamiliares do concello de Camariñas, que conta coa colaboración do Grupo Soil, e a execución Técnica da asociación ambientalista Amigos da Terra.
Mar 27

OS ALCALDES CRÍTICOS COA SUBA DO CANON DO LIXO CONSIGUEN UNHA REUNIÓN CON AGUSTÍN HERNÁNDEZ NA QUE PEDIRÁN QUE O AUMENTO DA TAXA  SEXA ASUMIDO “POR XUNTA, CONCELLOS E A PROPIA SOGAMA”

Unha representación de alcaldes críticos coa suba do canon de Sogama serán recibidos o próximo martes, día 1 de abril, ás 15:30 horas polo conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, co obxectivo de buscar alternativas ao incremento do 34% na taxa de tratamento do lixo. Acudirá un alcalde por provincia e outro en representación da Fegamp. En concreto, estarán na reunión con Agustín Hernández os representantes dos concellos de Vigo (PSdeG), Ribadavia (PSdeG), Monforte (BNG) e Rianxo (BNG), ademáis de Alfredo García, alcalde socialista de O Barco e vicepresidente da Fegamp.
Páxina 5 de 9