Dec 14

A Mostra anuncia a selección de participantes no concurso de xóvenes deseñadores. Na nota de prensa feita pública, a organización agradece a tódolos deseñadores/as participantes neste concurso, así como aos/ás directores/as das escolas de deseño de moda que ano tras ano animan aos seus alumnos/as a participar no concurso; entre as cales queremos mencionar especialmente ós seguintes centros: Academia Isolina, Academia Susa Suárez, , Academia María Lariño, CAEA Liceo “La Paz”, Centro Superior de Diseño y Moda de la Politécnica de Madrid, EPYCO de Oviedo, Escuela Superior de Deseño e Moda de Galicia, Escuela EASD Mestre Mateo, Goymar Coruña, Goymar Vigo, Instituto Manuel Antonio, IES la Garrotxa , IES Sivera Font, LCI – FD Moda Barcelona e M-Class Moda de Vitoria.

Dec 04

A compañía Queiman e Pousa, mediante os seus actores Andrea Pousa e Bruxo Queiman serán os encargados de levar a imaxe do Encaixe de Camariñas polo mundo do espectáculo e nos actos institucionais aos que asistan.

Dec 03

+Camarinas acaba de coñecer o pasamento do alcalde do concello italiano de Novedrate, Maurizio Barni. Novedrate é o equivalente a Camariñas no mundo do encaixe italiano e, xunto concello portugués de Peniche, participante en diversos proxectos europeos relacionados co mundo do encaixe.

Páxina 3 de 24