Dec 16
A organización do XXI Concurso de Noveis Deseñadores da XXIV Mostra do Encaixe de  Camariñas agradece a tódolos deseñadores participantes neste concurso, así como aos/ás directores/as das escolas de deseño de moda que ano tras ano incentivan aos seus alumnos a participar no concurso; entre as cales queremos mencionar: EASD Mestre Mateo, Goymar Vigo, CIFP Manuel Antonio, Academia Pin Factory, Susa Suárez de Santiago, Academia María Lariño, Centro Liper de León, Academia Isa de Madrid, EASD Valencia, Escuela Superior Región Murcía, Escuela Guerrero, ESDIR de la Rioja, Centro de Formación Logo’s, IES Sivera Font de Canals, AEG Ikastetxea, Escola de Moda do Porto e Cenatex de Guimaraes.
Nov 22
A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño contou có Encaixe de Camariñas para expoñer e mostrar a arte do encaixe no Mercado das Industrias Culturais Atlánticas, MICATLANTICA, que se celebrará no Museo do Centro Gaiás da Cidade da Cultura, do 23 ao 26 de novembro de 2013.
Nov 09
Información sobre os encontros de palilleiras e cursos previstos para a XXIV Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará coma sempre en Semana Santa. Esta edición será a semana do 16 ao 20 de abril de 2014.
Páxina 9 de 24