Xan 13

Esta exposición que realiza a organización da mostra en Madrid para a promoción da XXV Mostra do Encaixe de Camariñas honrara non só a labor de tódalas palilleiras, senón tamén a todos aqueles que puxemos un graiño de area para conseguir facer ano tras ano este evento tan importante para Camariñas. Os seus fundadores e concelleiros (Marisol Soneira, Antonio Jesús Alonso Ballester, Sergio Caamaño e Sandra Ínsua), todos eles merecen tamén un recoñecemento especial. Dende Mais Camariñas queremos recordar que a Mostra do Encaixe de Camariñas é un dos acontecementos do que máis orgullosos nos sentimos e polo cal seguiremos traballando duramente día tras día para lograr unha Mostra do Encaixe máis grande ano tras ano.

Dec 23

A organización do XXII Concurso de Noveis Deseñadores da XXV Mostra do Encaixe de  Camariñas agradece a tódolos deseñadores/as participantes neste concurso, así como aos/ás directores/as das escolas de deseño de moda que ano tras ano incentivan aos seus alumnos/as a participar no concurso; entre as cales queremos mencionar especialmente ós seguintes centros: CAEA Liceo “La Paz”, Cenatex, EASD Valencia, EPYCO, Escola de Moda do Porto, Escuela Guerrero, Escuela Vernal, ESDEMGA, ESDM Felicidad Duce, Goymar Coruña y Vigo, Gremio Artesanos de Sastres, IES Sivera Font, Instituto Manuel Antonio, Liper, María Lariño,  Mestre Mateo, Pin Factory e Susa Suárez. Recibíronse propostas de 87 noveis deseñadores, todas elas merecedoras de ser finalistas pero só se puideron  seleccionar 28 memorias.

Out 23
A semana pasada un grupo de periodistas e bloggers estívonos visitando á petición do Alcalde. O Concello de Camariñas deseñou un proxecto chamado "Camariñas, o mar todo". Este proxecto foi presentado ao GAC e recibíu unha moi alta puntuación polo que conseguimos o financiamento da Xunta de Galicia. Dentro do proxecto ideamos unha viaxe de líderes de opinión nacionais, internacionais e galegos para o sector turismo de Camariñas. Foi unha viaxe guiada relacionada cos naufraxios e a labor de rescate realizada polas comunidades mariñeiras. Tamén amosamos a riqueza cultural, paisaxística e marítima do noso municipio. O grupo formárono líderes de opinión e tendencia especializados en gastronomía e en turismo experiencial. O noso obxectivo principal foi que escriban sobre Camariñas para así captar a atención de visitantes potenciais.  Pretendemos incrementar o número de recomendacións do destino buscando o maior número de impactos posibles que, ao fin, poderán ter como resultado visitas turísticas ao territorio. Durante a visita o #camariñas en twitter estivo colmado de excelentes comentarios por parte dos periodistas e bloggers.Axiña veremos os seus artigos.
Páxina 6 de 24