Dec 31

Este ano o Concello de Camariñas fixo unha importante inversión de obras en Xaviña: a zona recreativa do Ariño, a pavimentación da rúa nova e que une os núcleos de Cruceiro á Covadiña e a pavimentación da praza da igrexa de Xaviña. Hoxe vou falar desta última. O Alcalde de Camariñas, con moi bó criterio, ve e entende que a igrexa de Xaviña é o centro social do pobo. Ademais da súa importancia arquitectónica no entorno da igrexa está o parque infantil, a pista polideportiva e o campo de baile. É un entorno que hai que respetar e no que hai que invertir. Por iso aí se fixeron obras como foron a pavimentación do lugar do Sixto, o ancheamento e pavimentación da pista da igrexa, as beirarrúas da pista da igrexa, o arranxo do parque infantil e agora a pavimentación da plaza.

Dec 22

O pasado sábado abríase ao tráfico a Rúa Principal de Arou. As obras desta rúa de Arou tiveron un orzamento de 82.467,52 Euros. Esta importante vía da vila sufríu un cambio radical na que se fixeron as seguintes melloras:

Nov 26

O Concello de Camariñas procedio a limpeza da senda Peonil que descorre pola beiramar de Arou onde se poden contemplar unha das paisaxes máis belas da nosa costa. Procedíose a limpeza da gran cantidade de herva que, por mor das abundantes chuvias deste mes de novembro, cubría o paseo. Tamén se actuou neste enclave de Arou recheando de zahorra nos lugares máis necesitados así como a súa compactación para que resulte esta moito máis duradeira. Arou luce máis bonito si cabe con esta obra pequena e a próxima inauguración da importante obra de mellora da Rúa Principal.

Páxina 4 de 28