Dec 09
O día 23 de novembro foi recibida a “Distribución de agua potable na parroquia de Ponte do Porto”. Recoñecidas e inspeccionadas as obras por todos os asistentes: (Técnico redactor do proxecto, Fontaneiro municipal, Arquitecta municipal, Alcalde e Tenente de Alcalde por parte do concello ),  Técnico da Xunta xunto co Director da obra e persoal de SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS S.A., se considerou, que foron executas de acordo coas prescricións técnicas do contrato e as instrucións dadas polo Director de obras acordando así recibir a obra.
Nov 24
O Concello de Camariñas vai comprar un tractor que se usará para labores de mellora ambiental. Co fin de mellorar a limpeza das rúas, roteiros de senderismo e praias do noso municipio, nace esta iniciativa que aumentará a rapidez de actuación dos empregados municipais de obras.
Nov 05
Disque agora vai vir o Salvador da TDT en Camelle, D. Daniel Rego. Disque na Xunta non tiñan noticia do que acontecía no pobo. Disque o repetidor de Camelle o montou o Concello e por iso hai problemas, que non hai en outros que montou a Xunta. Vou explicar o que aconteceu co apagamento dixital. Uns meses antes de marzo, a Xunta reúne os alcaldes dos Concellos e a varios técnicos para coordinar o apagamento dixital. No caso de Camariñas, durante ese tempo, o noso alcalde pasou toda a información das antenas que tiñamos xa instaladas, e as que faría falta instalar.

 

Páxina 28 de 28