Set 19

O sábado 21 de setembro as 12h terá lugar a inauguración do Tanatorio Municipal Hermanas Fernández Espín.

En primeiro lugar os agradecementos, agradecer o PADROADO DA FUNDACIÓN FERNÁNDEZ ESPÍN a doazón do terreo na Travesía Muíño do Vento, tamén agradecer a Don JUAN GONZÁLEZ CANOSA, a súa dona e a Don JUAN JOSÉ REGO GONZÁLEZ por a doazón de uns terreos adxacentes os da Fundación, imprescindibles para a construción do Tanatorio MUNICIPAL e agradecer a Excelentísima Deputación da Coruña por o seu financiamento.
Ago 21
Estes días unha empresa de instalacións eléctricas está a soterrar os cables da rúa Real en Camariñas. Esta rúa foi arranxada fai un par de anos, e xa daquela o Concello de Camariñas levou a cabo a obra civil (colocación de tubos, construción de arquetas, etc) necesaria para o soterramento.
Xul 09
As estradas do Concello de Camariñas non foron alleas ao duro inverno que sofrimos, onde as choivas foron incesantes, e esta desapacible climatoloxía que nos azoutou todo este ano e gran parte do anterior impiden levar a cabo a reparación nas estradas de asfalto. Como consecuencia de todo isto as estradas municipais danáronse. Agora ca chegada do bo tempo, xa é posible a reparación das estradas danadas, e o Concello de Camariñas acaba de poñer un marcha un plan de acondicionamento e mellora destes viais danados. Este plan se está a levar a cabo nas catro parroquias do Concello co que esperamos sexan reparadas en breve. Dende os Socialistas de Camariñas queremos poñer á disposición de tódolos cidadáns do Concello de Camariñas o teléfono da Casa do Pobo así como o noso correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. para calqueira suxerencia ou reclamación sobre o estado das vías e rúas do concello.
Páxina 10 de 28