Nov 26
Hai uns días o Concello de Camariñas comezou a obrar no entorno da praia e merendeiro do Ariño unha obra financiada nun 80% polo GAC. O Ariño é un lugar de gran beleza e querido polos veciños de Xaviña e todo o Concello. Nos fins de semana do verán centenares de veciños se xuntan alí para comer un churrasco por exemplo e pasar un bó día de praia ca familia. Pola semana o Ariño convértese no centro de traballo das nosas mariscadoras.
Nov 05
O Concello de Camariñas despois dos aforros enerxéticos acadados no primeiro proxecto, e seguindo as recomendacións extraídas de unha auditoría enerxética do alumado público, vai a levar a cabo un novo proxecto de eficiencia enerxética do alumeado público do concello. Preténdese continuar co mesmo sistema que se instalou o ano pasado en varias parroquias, dado o aforro que se acadou foi superior o que se estimaba en principio.
Out 17
Os grupo municipal socialista de Camariñas segue a traballar dende o concello para mellorar os diferentes viais e rúas do noso término municipal. Hai unhas semanas que deron comezo as obras para remodelar o firme da Travesía Eugenio López e Rúa Calvario de Camariñas. Esta actuación enmarcada dentro do "Plan Provincial de Cooperación para as Obras e Servizos" está financiada pola Deputación da Coruña e o Concello de Camariñas e está sendo levada a cabo pola empresa camellana "Jose Ángel Pose Romar y Otro". A obra que está previsto que sexa rematada a finais do mes de novembro de 2013 supuxo unha importante inversión de 114.185 euros e que esperemos que deixe totalmente renovados estes importantes vías.
Páxina 9 de 28