Nov 15

Dende hai unhas semanas os obreiros do Concello están a deixar as cunetas de Xaviña perfectas. O desbroce dos camiños é moi importante durante o verán. Retirar as molestas herbas é crucial. E pasado o verán un perfilado e vaciado das cunetas demostra ser a mellor intervención para evitar que as augas do inverno desfagan as nosas rúas. Ver así as cunetas da gusto pero tamén nos amosa a falta de renovar que teñen moitas das nosas pistas. Por ese motivo arranxamos a Rúa Nova e aprobamos un proxecto para pavimentar as rúas da Gándara, Pedrouzo e a zona da Torre. Gustaríanos facer máis e ese será o noso obxectivo. Quero agradecer a labor destes obreiros que están a facer as cunetas. É o seu traballo e estano a facer moi eficientemente. Foi un duro verán para un grupo reducido de obreiros municipais que estaban para todo (desbrozar camiños, limpar praias, montar palcos, asar, limpar despois das festas, subsanar atascos, e moito máis). Por iso ver como seguen a traballar ca mesma ansia agora nos inicios do inverno fai que este grupo municipal socialista se sinta agradecido e orgulloso.

Set 15
O Concello de Camariñas acaba de rematar a segunda fase de ampliación da Rúa Atalaia de Camariñas. Hai dous anos que se acometeu a primeira fase de ampliación de esta rúa, na que foi necesario a construción de un muro de formigón para conter o terreo. Nesta segunda fase que acaba de rematar, para lograr a ampliación da rúa tívose que construír un novo muro, en este caso de bloques de formigón e tamén levouse a cabo o derribo de parte de un garaxe. As obras, en ambalas dúas fases, foron realizadas por persoal do propio Concello. Hai que agradecer ós propietarios das fincas afectadas a cesión gratuíta que fixeron das súas propiedades. En breve comezará unha terceira fase que se centrará na parte baixa da rúa, para cando este terminada, vehículos de maior tamaño poderán acceder a parte alta de esta vistosa rúa Camariñana.
Ago 28
O sábado 30 de agosto, está convocada a segunda parte da andaina entre Berdoias a Carballo para esixir que se retomen as obras da Autovía da Costa da Morte paralizadas inxustamente polo goberno da Xunta do PP. Esta segunda etapa partirá as 9 da mañá dende a Cementeira situada na estrada Baio-Borneiro, e rematará en Carballo, onde haberá autobuses para a volta a Baio. A Agrupación Socialista de Camariñas volverá a camiñar cos cidadáns da Costa da Morte esixindo o reinicio das obras de esta vital infraestrutura. AUTOVÍA COSTA DA MORTE XA! Os interesados en asistir confirmade a asistencia, contactando cos membros da Executiva.
Páxina 5 de 28