Xul 03
No día de hoxe, mércores 3 de xullo de 2013 o Boletín Oficial da Provincia da Coruña anuncia os cambios que se produciron nos órganos de goberno dentro do Concello de Camariñas por mor da renuncia por motivos persoais da nosa compañeira e veciña de Camelle Mercedes Martín.
Xun 14
Boas noites. En nome da Executiva Local da Agrupación Socialista de Camariñas, gracias por asistir a esta celebración. Gracias Fran, Salvador, Pablo, Emilio, Aitor, compañeiros da comarca y especialmente gracias Carme por venir a celebrar este 30 aniversario de gobierno socialista con nosotros. 30 anos, que pronto se din, pero que é toda una vida. 30 anos de cambios, 30 anos de progreso, 30 anos de bos e malos tempos, 30 anos de historias, traballo e compromiso.
Xun 13
Si houbera que describir a cea do venres con unha palabra esa sería, ILUSIÓN. A ilusión ca que se comezou todo fai 30 anos, e a ilusión que aínda se percibe na Agrupación Socialista de Camariñas. A cea foi unha mestura de vellos militantes, que tiñan fresca na memoria aquela vitoria electoral de 1983, e de militancia xoven que é consciente que ten a obriga de seguir co traballo que empezaron outros.  Preparamos unha exposición de fotografías “ 30 anos xuntos” que agora temos na Casa do Pobo para todo aquel que vir a ver.
Páxina 33 de 33