Abr 25

Como cada Primeiro de Maio os socialistas de Camariñas celebran cun xantar de fraternidade a festa do traballo.cNa Casa do Pobo, e coa colaboración de tod@s, os militantes e simpatizantes socialistas están convidados a compartir un xantar de camaradería o próximo domingo, 1 de maio, como xa ven sendo tradición dende hai anos.

Abr 18

O presidende da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e alcalde de Vigo, Abel Caballero, manterá unha reunión cos socialistas da Costa da Morte o próximo mércores na Casa do Pobo de Camariñas, no programa de visitas que o rexidor vigués está levando a cabo entre os principais referentes do socialismo galego.

Mar 16

A Coordinadora Comarcal do PSdeG-PSOE fainos chegar unha nota que reproducimos literalmente:

A  Coordinadora Comarcal da Costa Atlántica (Costa da Morte), reunida na sede da agrupación municipal de Cee no día de hoxe, 15 de marzo de 2016, e logo de amplo e sosegado debate, MANIFESTA a súa  profunda preocupación pola situación na que se atopa o PSdeG-PSOE que se concreta, entre outras,

a) Pola carencia dun proxecto político definido e recoñecible polos galegos e as galegas.

b) Pola carencia de obxectivos políticos e estratéxicos identificables e compartidos polo conxunto do Partido, que permita a presencia do PSdeG nos foros de debate e na creación de opinión pública.

c) Pola carencia de candidato/a á presidencia da Xunta de Galicia nun período en que poden ser convocadas as eleccións autonómicas en calquera momento.

d) Pola situación extremadamente vulnerable dos máximos órganos do Partido diante da situación xudicial en que se atopa o Secretario Xeral, que condiciona negativamente ao conxunto da organización.

e) Pola evolución do apoio e confianza dos electores que ten reducido ao PSdeG-PSOE á condición de terceira forza nas últimas eleccións xerais.

Diante desta situación, a Coordinadora da Costa Atlántica (Costa de Morte), consideramos que é urxente mudar o rumbo e  tomar medidas con carácter de urxencia. Por iso ACORDAMOS, por unanimidade, e coa única intención de preservar un PSdeG-PSOE forte e útil para Galicia  que faga posible o cambio político nas próximas eleccións autonómicas:

1.- Instar ao Sº Xeral, José Ramón Gómez Besteiro, a convocar inmediatamente o Congreso Nacional para dotar ao PSdeG-PSOE dunha nova dirección que acometa a tarefa urxente de dotar á organización dun proxecto político novo e recoñecible pola cidadanía, co que concorrer as eleccións autonómicas próximas, e convoque o proceso de primarias para elixir ao candidato ou candidata á presidencia da Xunta de Galicia que o encabece.

 2.- Enviar este acordo aos Secretarios Xerais Provincial, Nacional e Federal para o seu coñecemento e adopción das medias ao respecto.

4.- Facer pública a nosa posición para xeral coñecemento da militancia e da opinión pública en xeral.

Páxina 4 de 33