Dec 09

O próximo domingo, as cinco da tarde, os socialistas de Camariñas celebrarán o seu mitin central para estas importantes eleccións xerais. Nesta ocasión o cartel estará protagonizado polo compañeiro Pepe Blanco que se comprometeu con Pichurri cando estivo en Camariñas dando unha conferencia sobre as posibilidades que ofrece a Unión Europea para financiar iniciativas locais. Pepe Blanco cumpre así coa palabra dada e os socialistas de Camariñas están encantados de poder contar cun compañeiro da súa relevancia política.

Dec 08

Preto de tres mil persoas abarrotaron o Palexco de Coruña para escoitar o mitin dos socialistas e do seu candidato a presidente do goberno, Pedro Sánchez. Foi un dos actos electorais mais concorrido dos celebrados en Galicia neste proceso electoral.

Dec 07

Unha ampla representación dos socialistas camariñáns asistirán ao mitin do Sº Xeral do PSOE, e candidato á Presidencia do Goberno, Pedro Sánchez, encabezada pola comisión executiva local coa súa Sª Xeral, Encarna Liñeiro, ao fronte.

Páxina 9 de 34