Xan 01

O seu nome seguramente non lle dirá nada a maioría dos nosos lectores. Si acaso aos seus veciños de Arou onde transcorreron os seus 95 anos cumpridos en plena lucidez ate os seus últimos instantes de vida.  E por suposto aos seus fillos, netos e bisnetos polos que sentía auténtica devoción.

Dolores Alborés, Lola de Pura, é a historia das dificultades que tradicionalmente tiveron as mulleres da súa xeración. Dificultades por nacer nunha das zonas historicamente mais deprimidas de Europa: a Costa da Morte dos anos vinte do século pasado; dificultades cando quedas orfa con catro anos  e ten que botarse á vida coa valentía e a determinación que solo as mulleres daqueles tempos eran capaces; dificultades para sacar á familia adiante cando perdes ao compañeiro e afrontas as dificultades da viuvez en plena xuventude.

Lola de Pura nunca militou no Partido Socialista pero sempre dicía con orgullo que o era.  Porqué? Porque, segundo dicía, Felipe González trataraa con dignidade dignificando as pensións das viúvas e dos que, coma ela, menos tiñan. E porque,  en todos os gobernos presididos por socialistas,  as pensións dos  mais modestos da sociedade sempre se actualizaban por riba das demais, incluso cando Zapatero tivo que conxelar as mais altas  non deixaron de incrementarse as mais cativas, como a súa.

Esta postura diante da vida inculcoulla aos seus fillos e netos de tal xeito que un dos seus netos, Germán Mouzo,  dou un paso mais e, dende a súa militancia socialista, foi durante varios mandatos concelleiro de Camariñas. E nunca tivo Arou mellor defensor do seu pobo. Nin o Partido Socialista mellor militante.

Se os homes da Costa da Morte foron a proa dun intrépido barco co que botarse ao bravo mar, as mulleres desta parte do mundo foron os penedos graníticos que, xeración tras xeración, soportan os embates dos temporais sen ceder un só milímetro. Lola de Pura era unha desas mulleres. Coma tantas outras que nos trouxeron ate aquí.

E por si faltase algo para retratar á muller, so dicir que morreu, tamén, unha das mellores palilleiras de Camariñas, que é tanto como dicir unha das mellores do mundo.

Descanse en paz Dona Dolores Alborés Suarez. Os socialistas de Camariñas sentímonos honrados e agradecidos pola súa amizade e polo seu exemplo.

Dec 20

A Comisión Executiva Local, en nome de tódolos socialistas de Camariñas, quere amosar o seu agradecemento polo apoio recibido  polo PSdeG-PSOE no noso concello. Unha vez máis os camariñáns rexeitaron as políticas do PP , os recortes, as mentiras e a corrupción sistémica con.

Dec 17

A Comisión Executiva Local dos socialistas de Camariñas, como cada ano por estas datas, deséxalles  aos seus militantes e simpatizantes, e a tódolos camariñáns e a tódalas camariñanas, un moi feliz Nadal en compañía dos seus seres queridos. Esta felicitación queremos que sexa especialmente  cariñosa para os nosos veciños e veciñas que, en datas tan sinaladas, estarán lonxe de Camariñas e das súas familias. Para todos eles o noso recordo e o noso cariño.

Tamén queremos aproveitar a ocasión para amosar o noso agradecemento a todos e a todas polo apoio e a confianza que maioritariamente teñen manifestado, a través dos distintos procesos electorais, ao Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE. Gracias de corazón pola confianza reiterada en moitas ocasións.

Dende Camariñas. Para Camariña. Con Camariñas e con tódolos lugares do concello: Santa Mariña, Brañas Verdes, Lamastredo, Pescadoira, Brea, Xaviña, Dor, O Allo, Ponte do Porto, Camelle, Arou, Buría e Camariñas.  Con tódolos camariñáns, hoxe e sempre.

E, como dicían os nosos maiores, de hoxe nun ano... e que o vexamos!

FELIZ NADAL!!

Páxina 7 de 34