Xun 14
Boas noites. En nome da Executiva Local da Agrupación Socialista de Camariñas, gracias por asistir a esta celebración. Gracias Fran, Salvador, Pablo, Emilio, Aitor, compañeiros da comarca y especialmente gracias Carme por venir a celebrar este 30 aniversario de gobierno socialista con nosotros. 30 anos, que pronto se din, pero que é toda una vida. 30 anos de cambios, 30 anos de progreso, 30 anos de bos e malos tempos, 30 anos de historias, traballo e compromiso.
Xun 13
Si houbera que describir a cea do venres con unha palabra esa sería, ILUSIÓN. A ilusión ca que se comezou todo fai 30 anos, e a ilusión que aínda se percibe na Agrupación Socialista de Camariñas. A cea foi unha mestura de vellos militantes, que tiñan fresca na memoria aquela vitoria electoral de 1983, e de militancia xoven que é consciente que ten a obriga de seguir co traballo que empezaron outros.  Preparamos unha exposición de fotografías “ 30 anos xuntos” que agora temos na Casa do Pobo para todo aquel que vir a ver.
Páxina 35 de 35