Dec 23
Pichurri mantivo unha reunión co departamento de comunicación e relacións institucionais de Inditex para falar do Encaixe de Camariñas e a posible colaboración para a comercialización. O Concello de Camariñas leva xa algún tempo promocionando o Encaixe de Camariñas. Compre recordar o deseño da botella de Cabreiroá e as numerosas exposicións que se fixeron fóra do termo municipal.
Dec 15
O Concello de Camariñas está a renovar o mercado municipal dentro dun programa no que aposta firmemente polos comerciantes e as comercializadoras de pescado e produtos agrícolas. Son varias as actuacións individuais que se están a realizar nun mesmo lugar: o mercado municipal e o seu entorno.

 

Dec 08
Xavier Carro, deputado socialista no Congreso dos Deputados estivo o xoves 25 do Novembro falando sobre as axudas para a reindustrialización do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio ten para a Costa da Morte. O Ministerio abriu a convocatoria po ano 2011 que conta con un orzamento de 462,4 millóns de euros e que poden solicitarse ata o próximo 22 de decembro

Páxina 32 de 32