Nov 24

Si o domingo era o Camariñas Fútbol Club, e os seus afeccionados, os que amosaban o apoio incondicional as xustas demandas dos armadores e mariñeiros do cerco, dende +Camarinas queremos facer un recoñecemento público dos pioneiros desta iniciativa, no mundo do noso deporte, que non son outros que os xogadores, afeccionados e directiva do Club Balonmán Camariñas, Conservas Boya.

Nov 22

Hoxe o equipo de fútbol do Camariñas sumouse á marea de apoios aos nosos mariñeiros do cerco que están a pasar un auténtico calvario “gracias” as ocurrencias de Feijoo e de Rajoy no reparto das cuotas de pesca.

Nov 21

Entre o 5 e o 8 de decembro vanse a desenvolver no noso concello toda unha serie de actividades que van a ter o mar e as algas como protagonistas. Esta iniciativa organizada polo Club Náutico e coa que colaboran o Concello, a empresa Porto Muíño e a Asociación de Empresarios, pretende dar a coñecer este produto como un elemento mais da nosa cociña.

Os establecementos hostaleiros que se acolleron a esta iniciativa son o Náutico, O Curbeiro, Komarea, Gaviota, Moleda, O Percebe, Oasis, A Ría e o Bico dentro do capítulo de bares e cafeterías que servirán aos seus clientes exquisitas tapas confeccionadas coas verduras do mar. Ou como se denominan nesta orixinal iniciativa: o Encaixe do Mar.

Pero tamén os restaurantes se suman á promoción das algas: Villa de Oro, Stella Mare, Puerto Arnela e La Marina ampliarán a súa carta, xa de por si xenerosa e de calidade, con pratos onde “o encaixe do mar” será o ingrediente principal.

O programa de actos, complementario da oferta gastronómica, é tamén moi amplo e diverso:

O sábado día 5 de decembro, as 11 da mañá,  pronuciará unha conferencia sobre o valor nutricional o biólogo  Alfredo J. Veiga Villar na sala de conferencias do faro Vilán.
Ao día seguinte, domingo 6 decembro, con partida as 10 da mañá dende a Praza de Insuela, celebrarase unha andaina ate a praia de Lago, ao pe da Virxe do Monte, con Antonio Muíños Insua, da empresa Porto-Muiños, especializada na comercialización, transformación e elaboración de produtos para a alimentación humana coas algas como materia prima. Pola tarde, na Praza de Insuela, celebrarase un desfile de moda e complementos que teñen o encaixe por elemento fundamental. As modelos serán, non podía ser doutro xeito, rapazas de Camariñas.
O martes 8 as 10.30, guiados por Yaqui Fateira, poderemos apuntarnos as rutas Na Beira do Mar, onde coñeceremos os tipos de embarcacións, as artes de pesca e as súas modalidades. Dende a súa embarcación explicará as tarefas que desenvolven no barco segundo o tipo de especie que se capture. Unha experiencia para coñecer a vida do mar dende os propios profesionais. Logo, a partir das 11.25, baixo a batuta de Bernanrdino Martinez coñeceremos Historias Mariñeiras que nos explicará a orixe das galerías e da arquitectura marítima, a historia de Camariñas e a historia dos naufraxios. A xornada rematará cunha visita guiada ao Museo do Encaixe.

Sen dúbida una boa iniciativa e un exemplo de traballo cooperativo.

Páxina 4 de 32