Xan 28
Camariñas solicita este ano unha subvención para continuar co servizo de orientación laboral. Os fondos cos que se financia este servizo son da Xunta de Galicia, Fondo Social Europeo e fondos propios do Concello de Camariñas. A labor deste servizo é informar, orientar, motivar e asesorar na busca de emprego e formación. Ademais divúlganse os servizos do Servizo Público de Emprego de Galicia, ofertas de emprego, itinerarios profesionais de inserción (IPIs) e formación, entre outros.
Nov 11
Algúns datos sobre as pensións que desmontan o tan repetido por os manipuladores da realidade, aquelo de: “todos son iguais”. No 2004, un pensionista de 65 ou máis anos con cónxuge a cargo,  cobraba de mínimo 489,89€. En 2011 cobraba 742€, máis a paga única de 131,60. Un 53,02% máis. No 2004, unha gran invalidez con cónxuge a cargo, cobraba de mínimo 727,34 €. En 2011 1.113 € máis a paga única de 197,40 €. Un 53,02% máis. No 2004, una viúva con cargas familiares cobraba de mínimo 383,66 €. En 2011 695,40 € máis a paga única de 123,20. Un 81,25% máis. En 30 anos as pensións mínimas subiron un 80 %. O 75% con gobernos do PSOE, o 5% restante con gobernos del PP. Cando o PSOE chegou ao goberno no 2004, había 11.000 millóns de euros no fondo de reserva da Seguridade Social. Cando salio do goberno en 2011, deixou 66.000 millóns de euros.
Ago 12
O Concello de Camariñas, xunto con varios concellos de Galicia, decidiu subscribir un convenio ca Consellería do Medio Rural e do Mar para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa.
Páxina 10 de 32