Out 06

Neste mes de outubro a aula de informática do Concello de Camariñas organiza unha serie de cursos de informática dentro do módulo "Formación dixital básica". O obxectivo dos cursos será iniciarse no mundo da ofimática e vai dirixida prioritariamente  a persoas maiores, desempregados, os empresarios camariñáns e todos aqueles colectivos que por algún motivo estean excluídos das TIC.

Nov 07

Hoxe presentamos as primeiras sesións do programa co-emprende deseñado polo Concello de Camariñas e financiado por pola Deputación da Coruña. O obxectivo do programa é motivar e formar nos valores da cooperación e do emprendemento ao alumnado do IES Pedra da Aguia e do CEIP do Areal. Un técnico Ugacota, Unión de Cooperativas de Galicia, entidade contratada para desenvolver as sesións, transmitiu mediante a fábula da rá e do escorpión a necesidade de romper coa idea de que é mellor que todos perdamos a que os demais gañen algo e cambialo pola de que cooperando todos gañamos. Reforzou esta idea con exemplos de cooperación na natureza, na música e na sociedade. As sesións serán todos os mércores de novembro ás 10:25 no CEIP do Areal e as 12:30 no IES Pedra da Aguia

Set 25
O 24 de setembro, con máis de trinta asistentes, clausuramos as xornadas de motvación para emprender. Estas xornadas foron organizadas polo noso Concello de Camariñas, xunto cos Concellos de VImianzo, Zas e a Deputación da Coruña, ca colaboración do IGAPE e da Xunta de Galicia. As xornadas, que se desenvolveron en dous días, foron bastante instructivas. Motiváronnos a buscar oportunidades de negocio e amosáronnos exemplos de negocios que empezaron con ideas moi sinxelas.
Páxina 9 de 32