Out 11

A Casa de Pedra acolle nas súas instalacións a un dos servizos mais importantes do Concello de Camariñas: a Axencia de Desenvolvemento Local. Foi unha das primeiras postas en funcionamento en Galicia e nela encádrase o servizo de orientación laboral. A Axencia de desenvolvemento local (ADL) depende da Concellería de Desenvolvemento Local, Servizos Sociais e Urbanismo. Foi creada no ano 1989 e ten como principal cometido o desenvolvemento socioeconómico, harmónico e sostible e a creación de emprego no territorio de Camariñas.

Out 07

Nestes días estamos a recibir nas nosas casas os recibos correspondentes aos impostos e taxas municipais. Nalgún caso a suma de todos eles supón un desembolso considerable para as economías familiares polo que a posibilidade de distribuír os pagos en varias cuotas convértese nunha alternativa a considerar.

Para iso, a Deputación Provincial da Coruña ten establecido un procedemento polo que calquera persoa que sume entre os recibos de contribución, lixo, auga, etc. máis de 100 euros, pode solicitar o aprazamento ou fraccionamento dos recibos que queira pagando un interese do 5%. Se a suma dos recibos é inferior a 300 euros pódea fraccionar ata en 12 prazos e se a suma dos recibos é superior a 300 euros pódea fraccionar ata en 24 prazos.

Os modelos que deberán cubrir pódense atopar nestes enlaces:

http://www.dicoruna.es/files/2514/1458/5775/solicitude-fraccionamento-gl-14-07-2014.pdf

http://www.dicoruna.es/files/8514/1458/5773/APLAZ-02-G_-_AUTORIZACION_CARGO_CONTA-14-07-2014.pdf

Para calquera dúbida podemos poñernos en contacto ca oficina de recaudación da Deputación en Corcubión no 981746811 ou nas oficinas municipais.
 

Out 06

A tenente de alcalde, Sandra Insua, clausurou fai uns días o programa Deseñando o teu Futuro na Costa da Morte" onde 30 mozos e mozas dos concellos de Camariñas, Mazaricos, Vimianzo e Muxía comezaron as súas estadías en empresas destes concellos.

Páxina 8 de 32