OS SOCIALISTAS DE CAMARIÑAS ESTIVERON APOIANDO AOS NOSOS MARIÑEIROS NA GRAN MANIFESTACIÓN DE SANTIAGO

Valora este artigo
(4 Votos)

Unha vez mais os socialistas de Camariñas estiveron apoiando aos nosos mariñeiros e mariscadores na gran manifestación que ateigou as rúas de Santiago de xentes do mar: mariñeiros, mariscadoras, armadores, xente do cerco, palangreiros, arrastreiros, flota artesanal e todos aqueles que viven e senten o mar. Unha das manifestacións mais multitudinarias das celebradas en Galicia que berrou, alto e claro, contra as políticas pesqueiras de Feijoo e de Rosa Quintana.

Nesta protesta cívica participaron moitos camariñáns pero ningún representante do Partido Popular municipal. Será porque prefiren, coma sempre, defender os intereses dos “seus xefes” antes que os dos seus concidadáns. Alá eles e as súas conciencias.

Baixo unhas condicións climáticas terribles, con saraiba e moito frío, milleiros de homes, mulleres, e ate nenos, percorreron as rúas da capital de Galicia para esixirlle ao seu goberno que mude as políticas que están levando a nosa pesca á desaparición. Pero cando un pobo loita polo que considera xusto non fuxe dos elementos se non que lle pon proa ao mal tempo e navega con determinación.

Os socialistas de Camariñas estivemos alí. Outros, xa se sabe, dedícanse a outras cousas.

775 Modificado por derradeira vez o Domingo, 28 Febreiro 2016 09:38
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.