OS SOCIALISTAS DE CAMARIÑAS ESTAN CONVOCADOS PARA VOTAR A SÚA CONFORMIDADE, OU NON,AOS ACORDOS DE PEDRO SÁNCHEZ PARA FORMAR GOBERNO.

Valora este artigo
(2 Votos)

O próximo sábado, 27 de febreiro, os militantes socialistas e das Xuventudes Socialistas de Camariñas están convocados a unha asemblea para ser consultados sobre si respaldan, ou non, os acordos para conformar o próximo goberno de España.

A renunión terá lugar na Casa do Pobo, as 16.00 horas, baixo a fórmula dunha asemblea pero cunha duración de catro horas onde estará a disposición de tódolos militantes socialistas e das Xuventudes Socialistas, unha hurna onde terán que votar SI ou Non á pregunta:

"Respaldas estos acordos para conformar un goberno progresista e reformista"?

Outra vez o Partido Socialista amosa o camiño democrático para que a súa militancia teña voz e voto en tódalas decisións da súa organización. Non parece que os militantes do Partido Popular vaian a ser consultados para, por exemplo, preguntarlles a súa opinión sobre este xeito tan peculiar que ten Rajoy de exercer a súa responsabilidade para con España e para cos españoles.

A Sª Xeral dos socialistas de Camariñas, Encarna Liñeiro, remítenos a convocatoria aos militantes:

CASA DO POBO

Avenida da Coruña Nº4

15123 Camariñas

667034305

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE CAMARIÑAS

Estimado compañeiro:

Estimada compañeira:

Por medio da presente comunícote que o vindeiro sábado día 27 de febreiro, ás 16:00 horas, haberá Asamblea Extraordinaria da Agrupación Socialista de Camariñas para tratar os seguintes asuntos:

 ORDE DO DÍA:

1-      Constitución da asamblea
2-      Constitución da mesa electoral
3-      Xornada de votación.
4-      Escrutinio da votación e proclamación dos resultados

A votación será ata as 20:00 horas. O documento sometido a consulta pódese consultar no seguinte enderezo:

http://www.psoe.es/media-content/2016/02/acuerdo-gobierno-reformista-y-de-progreso-2016.pdf

Sen máis, recibe un afectuoso saúdo socialista.

Camariñas, 25 de febreiro de 2016

SECRETARIA XERAL

Encarna Liñeiro 

706 Modificado por derradeira vez o Domingo, 28 Febreiro 2016 09:39
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.