A Xustiza falou e dou a razón definitivamente a Pichurri no caso do Tanatorio de Camariñas

Valora este artigo
(21 Votos)

A Audiencia Provincial da Coruña acaba de desestimar o auto do xulgado número 1 de Corcubión, e polo tanto sobreseer e archivar as actuacións que se teñen producido contra o alcalde de Camariñas pola apertura do Tanatorio Municipal.

A xustiza e o tempo ven a situar a cada quen diante do seu propio espello. A sentencia non deixa lugar a dúbida algunha: non houbo delito, non houbo irregularidades, non houbo actuacións contrarias ao dereito. Non houbo nada de nada, salvo a sen razón, o sectarismo, a manipulación e a utilización das debilidades e fobias dalgunhas persoas mal aconselladas ou claramente manipuladas.

Polo camiño quedan actuacións ruíns e miserables contra persoas e institucións. A división de familias e de cidadáns sen outro obxectivo que o rédito político bastardo. A manipulación e instrumentalización de colectivos, como a Cooperativa Funeraria, para poñela ao servizo de intereses alleos aos seus propios. 

E diante da resposta da xustiza, que pon a cada quen no seu lugar, caben algunhas preguntas:


- Dimitirá a directiva da Cooperativa Funeraria por utilizar os recursos dos socios en accións impropias?

- Dimitirán os responsables do PP local que encheron páxinas sobre este asunto onde non lles quedou acusación que facer ao alcalde que hoxe se demostran falsas de toda falsidade?

- Estarán dispostos a ofrecer desculpas todos aqueles que mentiron, calumniaron e terxiversaron os feitos para pintar unha realidade que non existía mais que nas súas cabezas enfermas?

- Terán a decencia de acudir aos lugares de reunión dos nosos xubilados, como facían antes para calumniar, para comunicarlles esta sentencia e comunicarlles que o seu alcalde actuou dentro da legalidade e con respecto ás persoas e aos intereses municipais?

- Terán, a lo menos, decencia?

Dende aquí nos queremos agradecerlle ao noso alcalde que nunca tirase a toalla neste asunto e que, sempre, puxera os intereses da cidadanía por riba dos seus propios. Hoxe demóstrase, unha vez mais, quen está do lado da razón e da xustiza e quen arrastra as súas miserables vidas pola lama da calumnia e da vileza mais ruín.

 

 

3552 Modificado por derradeira vez o Mércores, 27 Xaneiro 2016 18:06
Máis en esta categoría:
Décargar arquivos adxuntos:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.