GRAN ÉXITO DO CURSO DE PODA PARA ÁRBORES DE FROITA

Valora este artigo
(2 Votos)

O Concello de Camariñas, en colaboración con Amigos da Terra, organizaron dous cursos de iniciación a poda para todas aquelas persoas interesadas.

Os participantes, divididos en dous grupos, un en Xaviña e outro en Camariñas, tiveron a oportunidade de coñecer as bases da ciruxía arbórea, imprescindibles para conseguir unha boa saúde nas súas froiteiras e en calquera árbore. Coñeceron os distintos tipos de poda, coma a de formación, frutificación, etc. E as diferentes técnicas de poda segundo a especie, que son precisas realizar para, ano tras ano, obter mellores colleitas nas súas árbores.

Despertaron especial interese , as técnicas de corte e a súa realización e a poda de frutificación dos kiwis, cultivo que amoldouse perfectamente a nosa terra.

Os aproximadamente corenta participantes, case vinte por grupo, realizaron unha parte teórica, durante os días 8 e 9 de Xaneiro e outra parte práctica os días 15 e 16 do mesmo mes, en Xaviña e Camariñas respectivamente. Nas horta da casa Rectoral en Xaviña e na Horta da Romera en Camariñas.

1075 Modificado por derradeira vez o Mércores, 27 Xaneiro 2016 14:00
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.