CAMARIÑAS FAI ENTREGA DUNHA MANTELERÍA DE ENCAIXE AO PARLAMENTO DE GALICIA

Valora este artigo
(5 Votos)

O Concello de Camariñas entregará o vindeiro luns unha mantelería de encaixe á Presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, no que será un dos seus últimos actos oficiais antes da súa marcha como deputada ao Congreso dos Deputados. O agasallo foi elaborado por palilleiras da Asociación Rendas de Camariñas durante as últimas semanas. A mantelería será colocada nunha das salas de recepción de mandatarios galegos e doutras comunidades autónomas, onde xa se atopan mostras doutras artesanías típicas de Galicia. Trátase dunha mantelería circular de oito metros de perímetro para un total de doce comensais.

Coñécese como puntilla do caracol e no seu interior leva catro centros do mesmo encaixe. A concelleira responsable da Mostra do Encaixe de Camariñas, Sandra Ínsua, destacou que nesa sala faltaba unha das artesanías máis importantes e que lle dá fama ao seu municipio, de aí que nunha visita que Pilar Rojo realizou á localidade o Concello decidise entregarlle este obsequio para o Parlamento de Galicia. Ademais, lembrou que a ata de agora presidenta da institución, ten raíces na localidade camañariñán, polo que non pode faltar unha mostra do encaixe neste lugar. Con este agasallo no Parlamento galego tamén se promocionan así as preciadas puntillas de Camariñas. O acto está previsto para o vindeiro luns 11 de xaneiro ás 13 horas na sede do Parlamento. Acudirán o alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso, e tenente de alcalde Sandra Ínsua e a presidenta da Asociación Rendas, Virtudes Rodríguez Soneira, ademáis doutros representantes políticos.

1174 Modificado por derradeira vez o Venres, 08 Xaneiro 2016 19:52
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.