QUE SE AGOCHA TRA-LA DECISIÓN DE CONSTITUÍR VARIOS GRUPOS PARLAMENTARIOS POR PARTE DE PODEMOS?

06 Xaneiro 2016 Escrito por 
Valora este artigo
(4 Votos)

En primeiro lugar, e iso é moi evidente, intereses económicos. Se os 69 deputados e deputadas que, teoricamente, conforman Podemos no Congreso dos deputados, se constitúen en catro grupos distintos van a percibir catro retribucións como grupos parlamentarios e non unha sola. Esta retribución  non é “pataca miúda”, que diría o inefable Caneda, xa que supón un fixo como tal e cantidades variables en función do número de membros que o compoñen. A maiores significa a contratación de persoal e servizos, con cargo todo ao erario público, e un aumento na remuneración dos responsables de todos e cada un dos catro grupos: catro presidentes de grupo, catro Sº Xerais, etc, etc. Significa, en suma, que  69 deputados vanlle a custar a tódolos contribuíntes moitísimo mais que os 123 do PP, ou os 90 do     PSOE.

Soa, por tanto, a tomadura de pelo certos anuncios sobre renuncias económicas  dos deputados e deputadas desta formación política xa que o van a compensar con creces a través dos recursos que achegarán pola vía de constituír catro grupos parlamentarios en lugar dun solo. Outra contradición mais, e xa van moitas, entre o que se di e o que se fai.

O segundo interese é político. Con 69 membros os podemitas e os seus aliados multiplicarán por catro as súas voces no debate político do Congreso dando a sensación de que son moitos máis: catro voces na Xunta de Portavoces, catro voces nos grandes Debates de Estados: investidura, estado da nación, orzamentos, etc. A isto hai que engadir presencia nos órganos de goberno da Cámara.

E hai tamén interese táctico porque esta fórmula permítelles casar todo ese mundo heteroxéneo que conforma Podemos, algún tan difícil de explicar como o xogo de lealdades que teñen os membros de Esquerda Unida. Como explicar que Izquierda Unida non teña deputados suficientes para conformar un grupo parlamentario propio e, sen embargo, haxa dirixentes desta formación política que pretenden formar un grupo propio no Congreso porque foron electos nas filas das Mareas?  Que pensan os vellos comunistas desta contradición? E non estamos falando de militantes anónimos e irrelevantes, non. Estamos falando de dirixentes desta formación política ao mais alto nivel, en Galicia.

A contradición é mais manifesta se fixéramos política ficción e, tanto o PP como o PSOE,  decidiran seguir o exemplo de Podemos e crearan tantos grupos parlamentarios como as posibilidades do regulamento lles permitisen. Seguro que se alzarían voces  iracundas que falarían de perversión da democracia, espoliación dos recursos do Estado e outras perlas semellantes ao que xa nos teñen acostumados. 

En suma. Os primeiros pasos de Podemos son toda unha declaración de intencións: la pela es la pela, querer ser sen ser e, si todo sae mal... a culpa é do PSOE! Porque o PP xa deixou de ser o inimigo para acadar a condición de adversario político. Agora, o inimigo, é o PSOE para quen pretende representar a esquerda e que, nesa ambición, non dubida en dinamitar á propia esquerda. Véxase, se non, o feito con Izquierda Unida por parte  Pablo Iglesias Turrión.

E mentres tanto a Dereita española contenta e feliz.

1865
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.