O ALCALDE APOIANDO AOS CAMARIÑÁNS CON PROBLEMAS... E O PP CON QUEN ESTÁ ?

Valora este artigo
(10 Votos)

Onte desmontamos a manipulación a que nos ten acostumados o PP de Camariñas. Hoxe atopamos a resposta a unha realidade que tentaron agochar manipulando os datos electorais: mentres o alcalde de Camariñas está onde hai traballadores de Camariñas con problemas, o PP desprézaos e fai oidos xordos as súas xustas demandas.

Hoxe Pichurri estivo, xunto con outros alcaldes galegos, apoiando aos mariñeiros que están acampados en San Caetano en demanda dun reparto xusto da cuota de pesca. Non é a primeira vez. O alcalde de Camariñas estivo xa con eles en varias ocasións, acompañounos na manifestación celebrada en Santiago fai un mes, estivo presente na concentración que se celebrou en Camariñas en defensa e apoio desta actividade, presentou e defendeu unha moción onde recollía as propostas defendidas pola asociación de cerqueiros de Galicia, na Casa do Concello pendurouse unha pancarta onde o concello amosa con toda rotundidade o apoio e a defensa deste sector básico da nosa economía e do noso xeito de vida.

E mentres tanto, onde anda o PP de Camariñas? Alguén sabe a quen defenden? Onde estiveron cando o cerco camariñáns se manifestou en Santiago? Onde estaban cando o cerco e o pobo de Camariñas se concentrou en defensa da nosa flota? Hai vida política no PP de Camariñas?


Diante deste panorama desolador non é de estrañar que recorran á manipulación dos datos electorais porque, solo así, poden xustificar a fuxida de case novecentos votos no período 2011-2015. Solo coa manipulación e o engano poden xustificar unha actitude que solo cabe cualificarse como unha auténtica traición ao seu pobo e aos seus votantes. 

E aínda se preguntan porqué non teñen o apoio do pobo!

 

Cos Alcaldes de Camariñas e Muxia

Posted by Pilar-Aymara Fernandez on Martes, 22 de Decembro de 2015
1423 Modificado por derradeira vez o Martes, 22 Decembro 2015 19:04
Máis en esta categoría:

Medios

Falan os Alcaldes, hoxe na acampada de AcergaEu apoio o cerco de galicia

Posted by Pilar-Aymara Fernandez on Martes, 22 de Decembro de 2015

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.