XA EMPEZAMOS A ENTENDER PORQUE NUNCA LLE SALEN AS CONTAS AO PP DE CAMARIÑAS

Valora este artigo
(14 Votos)

Hoxe publica o Diariocamarinan unha noticia...? sorprendente e manipulada.  O artigo non ten desperdicio e debeu ser escrito por un fenómeno das matemáticas electorais xa que, dende o propio titular ate a captura de pantalla do Ministerio do Interior con resultados electorais seleccionados “a la carta”, todo é pura fantasía.

“Gran resultado do PP de Camariñas que queda tan so a 100 votos do PSOE”. Este é o titular do  “matemático electoral” que parió a noticia pero obvia varias circunstancias. A primeira delas e a pura e dura manipulación dos datos do escrutinio xeral publicados na páxina o Ministerio do Interior. Así, o lumbreras, obvia que o nivel de participación baixou en 5.69 puntos xa que en 2011 foi do 74.31 e en 2015 foi o 68.62%. A pesar diso o Partido Socialista tivo practicamente o mesmo número de voto que obtivo nas xerais de 2011: 1.306 votos en 2015 (40.45%) e 1.372 no proceso anterior (36.38%). Por conseguinte o PSOE non só repite practicamente o resultado en términos absolutos, se non que mellora en 4.07 en porcentaxe.

Pero a manipulación do “fenómeno” este chega a niveis incribles cando agocha a comparativa cos resultados obtidos polo PP de Camariñas en 2011, nun dos momentos máis baixos do PSOE a nivel nacional e que dou lugar a maioría absoluta de Mariano Rajoy, onde obtivo un dos mellores resultados electorais da súa historia: 2.076 votos e o 55.05%. As matemáticas mais elementais, que as fai un rapaz de primaria, dinnos que si hai catro anos obtivestes 2.076 votos e o domingo obtivestes 1.201 (37.19%), significa que o PP de Camariñas perdeu 875 votos. Hai que ver como  suma algún!

Datos do Ministerio do Interior que manipulou diariocamarinan.com
Datos do Ministerio do Interior que manipulou diariocamarinan.com

Agora ben, o fenómeno matemático do Rio do Prado, quere extrapolar os resultados xerais ás municipais. Alá el. Nas municipais o PSOE tivo 1.904 votos e o PP 1.303 polo que, tanto o PSOE como o PP, tiveron máis votos ámbolos dous nas municipais que neste proceso electoral. A causa é ben sinxela e explícase pola fragmentación do voto entre moitas máis opcións electorais e, así, unha porcentaxe de votantes que nas municipais apoiaron ao PSOE agora votaron a outras opcións de esquerdas e, de igual xeito, algúns votantes do PP nas eleccións locais votaron a outras forzas da dereita.

A realidade é que o PSOE calca o resultado de 2011 pero aumenta a porcentaxe e que o PP perde case 900 votos e cae en barrena. Iso é o que din os datos. O que publica o libelo cibernético con pretensións de Diario é, pura e simplemente, manipulación e engano, como xa nos ten afeitos.

Por si alguén se queda coas ganas de consultar os datos que aquí expoñemos, estes son os enlaces do Ministerio do Interior onde figuran. E para máis claridade aquí deixamos a captura de pantalla cos datos oficiais das eleccións xerais no noso concello, sen manipular e sen pretensión de enganar. 

Agora xa entendemos porque ao PP de Camariñas nunca lle saen as contas.

http://resultadosgenerales2015.interior.es/congreso/#/ES201512-CON-ES/ES/CA12/15/15016

http://elecciones.mir.es/resultadoslocales2015/99MU/DMU1115901699_L1.htm?d=456&e=0

1799 Modificado por derradeira vez o Luns, 21 Decembro 2015 19:09
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.