O PSOE GANA AS ELECCIÓNS UNHA VEZ MAIS. GRACIAS CAMARIÑAS!

Valora este artigo
(6 Votos)

A Comisión Executiva Local, en nome de tódolos socialistas de Camariñas, quere amosar o seu agradecemento polo apoio recibido  polo PSdeG-PSOE no noso concello. Unha vez máis os camariñáns rexeitaron as políticas do PP , os recortes, as mentiras e a corrupción sistémica con.

E unha vez máis amosaron o seu apoio a un grupo de homes e mulleres que sempre puxeron os intereses dos camariñáns por riba de todo. Unha vez máis Camariñas segue confiando nos socialistas porque saben que son de fiar e dignos de representar os seus intereses colectivos. Unha vez máis Camariñas respondeu como se fai en democracia: votando.

E gracias, tamén, aos militantes e simpatizantes socialistas que, dende as 8 da mañá,  estiveron ao pe das mesas electorais representando a un partido con máis de 136 anos de historia, con orgullo e coa responsabilidade que sempre amosan os socialistas. Gracias a todos e a todas de corazón as interventoras e apoderadas e aos interventores e apoderados por facer posible o exercicio da democracia.

A análise pormenorizada dos resultados terá que facerse, con máis sosego, nos próximos días. Hoxe toca celebrar e agradecer.

1600 Modificado por derradeira vez o Martes, 22 Decembro 2015 18:48
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.