INXUSTIFICALBE AGRESIÓN A MARIANO RAJOY

Valora este artigo
(3 Votos)

Como é ben fácil de comprender nesta páxina non somos precisamente seguidores nin admiradores de Mariano Rajoy. É evidente. Pero, como se ten atribuído a Voltaire, estamos en profundo desacordo con Mariano Rajoy e coas súas políticas pero defenderemos ate as últimas consecuencias o dereito que ten a defendelas.

Non se arranxan os problemas do país a sopapos por moi cabreados que esteamos. A D. Mariano, e as súas políticas, non se lle combate a hostias se non con votos. Votos contra catro anos de políticas inmisericordes cos máis débiles. Votos contra o abandono das políticas que protexen aos seres humanos. Votos contra a corrupción sistémica do partido que preside. Votos polo desprezo amosado polos que non poden seguir o ritmo dos máis fortes e quedan nos comedores sociais, nos desaucios, nos sectores produtivos que teñen que acampar diante da Xunta, e un longo etc. que non cabería neste artigo.

Pero o recurso a violencia é o recurso dos incapaces que aínda non descubriron que o exercicio do voto responsable é a arma mais poderosa que existe.  Cantas veces temos dito que as cousas non se cambian “rajando” na barra do bar?  Cantas veces temos dito, algúns, que fai moito mais un voto responsable e discreto que tódalas expresións teatrais de radicalismo e indignación?

Mariano Rajoy ten perfecto dereito a defender o seu programa, as súas políticas e a súa labor de goberno. Ten o mesmo dereito que nos temos a criticarllo e a tentar acabar con el o próximo domingo acadando mais votos e mais apoios porque solo así acabaremos con Rajoy e coas súas políticas. O camiño da agresión é a perversión do sistema democrático e quen non o entenda así ten un problema moi serio que pode ser altamente contaxioso.

Os socialistas de Camariñas pedimos o voto para acabar coas políticas de Rajoy e do Partido Popular, non para agredir a un cidadán que defende as súas ideas e o seu proxecto, por moito que nos desgusten tanto o cidadán como o proxecto.

1005
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.