GRAN MITIN DOS SOCIALISTAS DE CAMARIÑAS NA CASA DE PEDRA

Valora este artigo
(9 Votos)
GRAN MITIN DOS SOCIALISTAS DE CAMARIÑAS NA CASA DE PEDRA Fotos de Víctor Hugo

Este domingo os socialistas de Camariñas volveron a encher a Casa de Pedra nun mitin espectacular onde destacou Pepe Blanco que reivindicou as políticas levadas a cabo polos gobernos socialistas en España facendo un repaso polos principais fitos que cambiaron a  vida do país e dos españois: sanidade universal e gratuíta para todos, ensinanza universal e política de becas que permitiu unha auténtica igualdade de oportunidades independentemente do nivel de renda, a Lei de Dependencia, a Lei de Igualdade ou a Lei de Protección  Contra a Violencia de Xénero, e un longo etc. que cambiaron a sociedade española e convertérona nunha das mais abertas e progresistas do mundo.



Amosou o seu orgullo por pertencer a un goberno, o de Zapatero, e a un partido, o Socialista, que puxo sempre nas súas prioridades ás persoas. Amosou, tamén, o recoñecemento aos socialistas de Camariñas e da Costa da Morte porque encarnan os mellores valores da esquerda.

Foi moi aplaudido e despertou o entusiasmo da abarrotada Casa de Pedra en varias ocasións; sobre todo cando mencionou aos mariñeiros do cerco e as dificultades polas que están a pasar como consecuencia das políticas de Rajoy e de Feijoo. Tampouco esqueceu o estado de abandono en que se atopa a base de salvamento marítimo de Cee, promovida por el na súa época de ministro, pola inacción dos gobernos de Rajoy e de Feijoo.

Tamén participaron no acto a Sª Xeral Encarna Liñeiro, que presentou o mesmo e fixo un repaso das políticas de recortes do PP en materia de pensións, sanidade, educación e asistencial e amosou o seu orgullo por pertencer a un partido como o PSOE. 



A candidata ao Senado, María Debén, centrou a súa intervención na defensa das políticas de igualdade e dos logros conseguidos polas mulleres gracias aos gobernos socialistas advertindo que todos eses logros están hoxe en perigo polas políticas de Mariano Rajoy e de Albert Rivera.

Tamén participou Ricardo García Mira, número 2 da lista ao Congreso pola provincia da Coruña, natural de Baio e profesor na universidade da Coruña. A súa intervención centrouse en comprometer a recuperación dos dereitos e servizos que o PP recortou nestes catro anos de goberno.

Juan Carlos Canosa, suplente na lista do Senado, púxose de exemplo das políticas educativas do PSOE xa que, gracias a elas, un rapaz orfo, de Camelle, puido facer unha carreira de enxeñeiro.

E pechou o acto o alcalde de Camariñas quen animou aos asistentes a votar ao Partido Socialista para  volver a situar as políticas sociais no centro da acción política dun goberno presidido por Pedro Sánchez. Aproveitou, tamén, para denunciar a falta de compromiso do PP de Camariñas co noso concello e cos seus habitantes.

 

1278 Modificado por derradeira vez o Luns, 14 Decembro 2015 10:39
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.