FEIJOO TRATA AOS CIDADÁNS DA COSTA DA MORTE COMO DE 2ª CLASE

Valora este artigo
(2 Votos)

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) dispón dunha unidade de resonancia móbil que periodicamente trasládase aos pequenos hospitais comarcais para prestar servizo.  Cando un paciente que acode ao hospital Virxe da Xunqueira e o seu médico solicita unha resonancia entra nunha lista de espera e é chamado cando a unidade se presenta en Cee.

Esta resonancia móbil ven por Cee cunha periodicidade dun mes, mais ou menos. Cando se atrasa, por algunha circunstancia, os pacientes son derivados o Complexo Hospitalario da Coruña (antigo Juan Canalejo) onde, teoricamente, deben ser atendidos.

Ate aquí todo normal pero, e aquí comeza o auténtico expediente X e o paranormal dos feito. Dende principios de agosto ate ben entrado o outono a resonancia móbil desapareceu como por arte de maxia. Os médicos vían como as listas de espera para resonancia estaban acadando dimensións descoñecidas; en Coruña ninguén sabía nada e, aínda que non  rexeitaban as resonancias derivadas dende o Virxe da Xunqueira, ían acumulando peticións de consulta como quen ve chover.

Pero un día, aos axentes Mulder e Scully, unha “Gorxa Profunda” indicoulles unha pista para tentar aclarar un feito que tiña desconcertado ao persoal do Virxe da Xunqueira: “Busquen a verdade mais aló dos seus horizontes, busquen nas sombras de Alvaro Cunqueiro”

Estaban perdidos os bos dos axentes do FBI cando a Scully, sempre a ela, vénselle aos miolos que había un hospital megamarabilloso, supermoderno de la vida, o mais grande, o mais magnífico do mundo mundial, feito por unha empresa privada por encomenda dun tal Feijoo e que custara un ollo da cara e outros dous.

Ala foron e, ou sopresa!, alí estaba a resonancia móbil perdida e atopada nunha explanada ao carón do hospital Alvaro Cunqueiro que, segundo a Xunta de Galicia, é o non vai mais pero que atende aos pacientes nunha resonancia móbil que, para mais escarnio, deixou, por estas marabillas do goberno galego, a unha das comarcas con menos recursos sanitarios do país totalmente desasistida durante tres meses. Cágate lorito!

Resumindo. Feijoo considera que os pacientes da Costa da Morte ben poden esperar e sufrir con resignación as súas doenzas mentres un servizo médico esencial atende ás chapuzas e deficiencias do megahospital de Vigo. Como vemos, para Feijoo, hai pacientes cinco estrelas e pacientes de patacón. Xa sabemos quen pensa el que somos de patacón.

Por si non quedara claro, aquí vos deixamos a foto da resonancia móbil aparcadiña todo o verán e parte do outono, a sombra dos muros do flamante hospital de Vigo ao que, polo que se ve, se lles esqueceu dotar dos recursos técnicos suficientes. Como si na área sanitaria de Vigo non houbera pacientes suficientes para elo.

Si o asunto non fose tan serio sería para montar unha comparsa. O título podería ser: NA PROCURA DA RESONANCIA PERDIDA E ATOPADA EN VIGO.

1064 Modificado por derradeira vez o Sábado, 12 Decembro 2015 18:20
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.