O PSOE DE CAMARIÑAS TIVO QUE COMPRAR MAIS LOTERIA POLA FORTE DEMANDA

Valora este artigo
(1 Voto)

Os socialistas de Camariñas fan participacións de lotería para o sorteo de Nadal que son distribuídas por militantes e simpatizantes entre todas aquelas persoas que boamente queiran contribuír e axudar a manter os modestos medios con que contamos: aluguer da Casa do Pobo, recibos da luz e da auga, consumibles de administración, etc.

E este ano estamos especialmente agradecidos porque a demanda de participacións de lotería está acadando niveis históricos. Tanto é así que a Executiva Local tivo que comprar mais décimos e, en consecuencia, imprimir mais participacións.

E aquí están. Para todos aqueles que se quedaron sen lotería do PSOE ou que están convencidos de que este ano a sorte vai visitar Camariñas a través dos socialistas camariñáns, aquí tedes o número que se xoga.

Pódense adquirir na Casa do Pobo a partir das cinco da tarde, ou o domingo na Casa de Pedra durante o mitin que vamos a celebrar alí.

Que a sorte nos sexa propicia a todos e a todas.

NOTA IMPORTANTE: sabemos de boa fonte que incluso militantes, simpatizantes e votantes do PP, tamén están a demandar lotería do PSOE. Por algo será.

1078 Modificado por derradeira vez o Sábado, 12 Decembro 2015 18:21
Máis en esta categoría:

Artigos relacionados (por etiqueta)

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.